Eleccións xerais e vivenda
A derrota dos decretos de vivenda no Congreso deixa ao descuberto a fractura entre as políticas para conter os prezos e os intereses do sector financeiro-inmobiliario. Coa vivenda convertida nun dos grandes problemas sociais, o Goberno afronta agora unhas eleccións nas que estará en xogo o rumbo das políticas de vivenda.
Pode o ensino solucionar algún dos problemas do rural galego?
Incendios, despoboamento, monocultivos e novos proxectos extractivos poñen o rural galego ante un futuro incerto. Recuperar o vínculo co territorio pode pasar tamén polas aulas: que papel debería xogar o ensino na formación dunha sociedade capaz de coñecer, habitar e xestionar de maneira sostíbel o seu medio?
Zonas Tensionadas: mudalo todo para que nada cambie
As declaracións de zonas de mercado residencial tensionado prometen conter os alugueiros, pero o seu alcance é limitado fronte á dimensión do problema. Entre beneficios fiscais, escaso parque público e prezos máximos, a regulación pode cambiar as regras sen alterar as bases dun mercado que segue deixando a vivenda lonxe de moitos fogares.
O de Ceuta
A crise diplomática que alentan as dereitas non aportaría seguridade. Entrarían en recesión as bases socio-económicas actuais de Ceuta e Melilla. Rabat endurecería a súa posición nunha previsíbel negociación dos términos de cooperación en materia de seguridade e terrorismo, comercio e inversión española, abastecemento de gas licuado, fosfatos e enerxías verdes.
Unha pantasma percorre os Estados Unidos: a pantasma do fascismo
A estas alturas, e logo de dous anos de mandato, cada día que pasa quedan menos dúbidas de que a segunda presidencia de Donald Trump está a favorecer o ascenso do fascismo nos Estados Unidos. Un ascenso máis visible conforme se van aproximando as datas en que deben celebrarse as eleccións lexislativas de medio mandato
A globalización do medo
Neste dossier, senllas conversas co historiador Xosé Manoel Núñez Seixas e a politóloga Paloma Castro, da Universidade de Santiago de Compostela, e un artigo a cargo do politólogo David Alvarado, da Universidade de Vigo, arroxan luz sobre as distintas manifestacións nacionais da extrema dereita e o empurre que a crise política e humanitaria de Ceuta pode outorgarlle.
O Golpe
Os golpes de Estado xa non precisan tanques nin militares armados. A deslexitimación, a desinformación, a obstrución institucional e a polarización poden erosionar unha democracia desde dentro. Da experiencia chilena de 1973 ás novas formas de desestabilización política, o golpe metamorfoseouse sen perder a súa capacidade destrutiva.
O cuarto poder e o capitalismo pedichón
O capitalismo evoluciona substituíndo o consumo privado polo financiamento público. Na era do «capitalismo pedichón», os grandes medios de comunicación abandonan a competencia comercial para sobrevivir grazas ao patrocinio institucional. Fronte ao colapso do modelo tradicional, os orzamentos das administracións toman o control da prensa, transformando a liña editorial e a propia independencia xornalística.
Celebramos como somos
Celebramos o que nos emociona, pero tamén aquilo que decidimos considerar importante. As bandeiras, os coches e os subidóns colectivos debuxan un retrato de nós mesmos. Quizais o problema non sexa celebrar demasiado, senón ter esquecido celebrar algunhas das cousas que sosteñen a vida común.
As monas e as eclipses
Entre pantallas que capturan a diario a mirada e a atención, o móbil converteuse nunha eclipse permanente, unha pequena superficie luminosa capaz de ocultar o mundo que temos diante. Entre física, humor e vida cotiá, cómpre reflexionar sobre nunha dependencia que xa condiciona a nosa maneira de estar cos demais.
De reis pasmados e de espías asombrosos
Entre fotografías incómodas, ameazas de espionaxe e filtracións dos servizos de intelixencia, o verán político deixa ao descuberto as fraxilidades do poder. A crise da Coroa e o caso de SAIC en Ferrol alimentan un clima de conmoción no que as guerras culturais, os intereses xeopolíticos e os relatos sobre a inseguridade se mesturan perigosamente.
PISA e nós
Os malos resultados de PISA volven alimentar o ruído habitual arredor dos rankings e deixan preguntas máis incómodas. Que está fallando no modelo educativo e ata que punto segue respondendo ás necesidades dunha sociedade en transformación? Máis que reclamar esforzo ou reforzos, cómpre repensar aprendizaxes, tecnoloxía, equidade e formación docente.
Pilar Abós e Roser Boix, expertas en educación en territorios rurais
As investigadoras Pilar Abós e Roser Boix, referentes no estudo da educación e a ruralidade, reclaman superar a visión homoxénea do rural para entender as súas escolas como servizos públicos e motores comunitarios. Fronte aos estigmas do pasado, a aula multigrao e a apertura ao territorio emerxen como oportunidades pedagóxicas clave para o futuro do ensino público.
A Ribeira Sacra: terra de frades que non rezan e muiños que non moen (II)
Ler a primeira parte deste artigo A candidatura de 2026 cambiou radicalmente, polo menos...
Chanfaina Lab, liberdade e identidade
O Chanfaina Lab é un exemplo claro de que na Galiza rural temos historias propias que deben ser contadas. Agora só nos queda gozar coas pezas dos anos anteriores, a espera de coñecer en febreiro os relatos que desta volta se fraguaron.
Escribir a catro mans
Escribir a catro mans é unha rareza que pode dar froitos sorprendentes. Dúas experiencias de creación compartida serven de punto de partida para percorrer algunhas das novidades máis suxestivas da literatura galega recente, entre a memoria, os afectos, a identidade, a distopía e a revisión dos mitos.
[Festival Plataforma 2026] Cando a performance se pensa a si mesma
O Festival Plataforma despregou na súa edición de 2026 unha profunda dimensión auto e metarreflexiva. Ciencia, poesía, danza e catarse ritual entrelazáronse en espazos singulares da cidade para interrogar os límites do corpo e a propia creación artística, deixando intervencións memorables que concibiron a performance como un espazo imprescindible de resistencia.
Ines de Castro, fermosa dama galega que reinou en Portugal despois de morrer
Amor, poder e vinganza danse a man na historia de Inés de Castro, a galega que foi asasinada por razóns de Estado e acabou convertida en raíña despois de morta. Entre Galicia e Portugal naceu un dos grandes mitos da Idade Media, unha historia tráxica que a literatura, a música e o cine se encargaron de manter viva.













![[Festival Plataforma 2026] Cando a performance se pensa a si mesma](https://temposdixital.gal/wp-content/uploads/2026/10/festival-plataforma-2-400x250.jpg)




















