Celebramos o que nos emociona, pero tamén aquilo que decidimos considerar importante. As bandeiras, os coches e os subidóns colectivos debuxan un retrato de nós mesmos. Quizais o problema non sexa celebrar demasiado, senón ter esquecido celebrar algunhas das cousas que sosteñen a vida común.
















