ATLÁNTICA DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN DE GALICIA, S.A.
Nun acto celebrado no Instituto Galego da Información o 11 de xaneiro de 1997, cento cincuenta persoas converxeron na creación dunha sociedade coa pretensión declarada de crearen medios de comunicación que deran pé a un xornalismo de calidade. Unha iniciativa liderada por un colectivo de cidadáns que é representativo da diversidade de tendencias e sensibilidades que lle veñen poñendo rostro á Galicia máis comprometida. Por que nese momento? En primeiro lugar, por razóns que nos collen ao paso e que non podemos desaproveitar. Fronte á mundialización que se impón pola vía tecnolóxica, rexorde en todas partes un movemento orixinal de desafío, ou de subversión, que os expertos deron en definir como a revancha das culturas. En segundo lugar, por razóns internas: imos como cidadáns galegos a contratempo de case todo, e nunca foi tan necesario abrir tódalas cancelas para reforzar, sen exclusións, a nosa identidade colectiva, entendida non como algo definido, senón como algo que se vai definindo na historia. TEMPOS NOVOS, revista mensual de información e opinión para o debate, marcou o punto de saída.
Contacto
Rúa Porróns, 8, 2º | 15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 557 117 | correo@temposdixital.gal
Consello de administración
Presidenta: Ana Fernández Puentes
Conselleiro delegado: Luis Álvarez Pousa
Secretario: Fernando de Paz Villasenín
Vocais: Xavier Vence Deza, Xulio Ríos Paredes, Eduardo Alonso Rodríguez.
Medios de Comunicación
TEMPOS NOVOS, revista mensual creada en 1997.
TEMPOS DIXITAL, medio na rede desde 2024.
Dirección
Luís Álvarez Pousa
Coordinación de Áreas
O equipo de Redacción está conformado polos coordinadores de área, que á súa vez contan con colaboradores e colaboradoras que cubren os distintos ámbitos temáticos de cada área.
Economía e medioambiente: Manoel Barbeitos e Gonzalo Rodríguez
Política, Comunicación e Medios: Carlos Montenegro e Xulio Ríos
Xénero, feminismos, novas masculinidades, LGTBI (Identidades): Anna R. Figueiredo
Cultura(s) e Pensamento: Miguel Vázquez Freire
Outras publicacións
A TRABE DE OURO, revista galega de pensamento crítico, desde 2017.
Director: Xosé Luís Méndez Ferrín
Secretaría de redacción: Rosa López Fernández e Francisco Fernández Rei
Consello de redacción: Miguel A. Seixas, Francisco Sampedro, Antón Figueroa, Marcial Gondar, Xavier Vence, Manuel Outeiriño, Xosé Antón L. Dobao, Xosé Manuel Salgado
Xerencia
Fernando de Paz Villasenín

