Gran angular

Cada día somos máis!

logo-tempos-exclusivo Cada día somos máis!

"Somos realmente unha humanidade?" "Cómo xustificar que somos unha humanidade se máis do 70 por cento están totalmente marxinados do mínimo exercicio do ser?" "A humanidade é un club?". Estas preguntas e provocacións do filósofo amerindio Ailton Krenak (Minas Gerais, 1953) tiradas do seu libro Idéias pra adiar o fim do mundo (2019), poden ser un bo punto de partida para situar o noso pensamento dentro do marco contracolonial no que semella urxente ubicarse nestes tempos de catástrofe antropocénica.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Na defensa do corazón de Galicia

logo-tempos-exclusivo Altri e o caudal do Ulla: imprecisións, incertezas e preocupacións

A detracción de 46.000 metros cúbicos de auga diarios afectará gravemente ao Ulla, pero os seus efectos van máis alá da conca do río e chegarán a ría de Arousa na que desemboca e ao encoro de Portodemouros. Vendo o preocupante que é o que xa sabemos, os datos pouco concretos e a incerteza agochan con total seguridade unha forte ameaza ecolóxica.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Recoñecemento facial automático para usos policiais: fiable e neutral?

logo-tempos-exclusivo Recoñecemento facial automático para usos policiais: fiable e neutral?

Algúns dos teóricos avances en seguridade en internet poden bater de fronte con dereitos establecidos. Aquela pertinente pregunta sobre quen vixía os vixiantes cobra unha nova dimensión cando o vixiante nin sequera é unha mente humana. Os algoritmos de recoñecemento facial actúan cun claro nesgo de confirmación que converte en sospeitosos a determinados grupos humanos identificados como delincuentes por natureza co perigoso aval da aséptica máquina.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Ramón Villares: “A integración europea impulsou unha nova forma de iberismo”

logo-tempos-exclusivo Ramón Villares: “A integración europea impulsou unha nova forma de iberismo”

Unha das grandes preocupacións do portugués José Saramago era a necesidade histórica dalgún tipo de iberismo, dun entendemento entre os fillos daquela Iberia para quen Pondal prometía que “a luz virá”. Conversamos con Ramón Villares, que explora esta idea no seu libro “Repensar Iberia. Del iberismo peninsular al horizonte europeo”, recentemente saído do prelo.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
[Nó gordiano] Introdución ao fanfic

[Nó gordiano] Introdución ao fanfic

Chamamos fanfic ou simplemente fics ás ficcións escritas por alguén que é fan dunha obra anterior (novela, película, serie…) na que o novo texto se basea. O fenómeno, cuxa orixe hai quen sitúa no culto ao Sherlock Holmes de Conan Doyle, está experimentando, nas primeiras décadas deste século XXI, un considerable éxito de produción e consumo, especialmente entre adolescentes e mulleres novas.

Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

A Intelixencia Artificial vai revolucionar o mundo, creando e incorporando sistemas intelixentes no noso día a día. Unha ferramenta que fascina, pero con riscos que desacougan. Os escenarios que se propoñen parecen debuxar un futuro distópico dominado por máquinas e algoritmos. A pregunta é pertinente: unha IA superintelixente é quen de representar unha ameaza contra a especie humana, ou trátase tan só dunha nova revolución tecnolóxica?

Pasaxes do corpo

Pasaxes do corpo

O desenvolvemento deste programa antropolóxico neoliberal responde a intereses económicos e plans políticos no cadro de produción capitalista. A proposta de superación dos límites e contorno físico do humano, que busca ir máis alá da configuración actual do individuo, confunde o tecnicamente posible co eticamente desexable.