Tal como quedou a súa arquitectura máis ou menos dende Maastricht, a UE tiña unha cara de organización internacional (por exemplo, defensa); outra de confederación (cooperación xudicial e policial) e outra de federalismo, e bastante centralizado no caso da eurozona. Pero a crise do 2008, a covid e agora Ucraína, viñeron desequilibrar ese precario equilibrio tripartito. Imos cara un estado europeo?
