Comunicación
Comunicación
A primeira guerra mundial da información

logo-tempos-exclusivo A primeira guerra mundial da información

Malia a propaganda interesada, non estamos ás portas dunha terceira guerra mundial. Pero si que nos atopamos inmersos nunha primeira guerra mundial da información (ou da desinformación). A información como arma de guerra nos escenarios en conflito de Ucraína e Gaza. E tamén como arma política en escenarios nos que a desinformación, as ameazas á liberdade de prensa e os bulos adquiriron carta de cidadanía nas loitas polo poder. Por caso, na España de Ayuso e do PP.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
G. Sulzberger, editor de The New York Times: “O sector periodístico necesita pensar máis en grande”

G. Sulzberger, editor de The New York Times: “O sector periodístico necesita pensar máis en grande”

A.G. Sulzberger, editor dun dos xornais máis influíntes do mundo, o The New York Times, concedeulle a Reuters unha longa entrevista na que se manifesta sobre todos e cada un dos grandes retos aos que se enfrontan os medios e tamén o xornalismo. Damos conta de algunhas das súas afirmacións máis significativas da conversa que reproducimos na súa integridade na sección Observatorio de Medios /Área privada.

[ESCÁNER] O medo a Putin silencia a oposición contra o Kremlin

logo-tempos-exclusivo [ESCÁNER] O medo a Putin silencia a oposición contra o Kremlin

Se antes non se produce un maremoto, Putin terá ben aseguradas as chaves do Kremlin ata o 2030. Con que oposición? Manterán as elites rusas o grao de adhesión que lle seguen profesando? Para responder a esas preguntas, recollemos as respostas que dan nunha ampla entrevista en Le Grand Continent dous recoñecidos politólogos críticos con Putin e o seu mandato á fronte do Kremlin, Alexandre Kynev e Andrei Kolesnikov, que siguen pese a todo residindo en Moscova.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
CRTVG. Indignación e coraxe

CRTVG. Indignación e coraxe

Escalada de protestas diante da deriva autoritaria da CRTVG. Redaccións baleiras para denunciar a represión laboral e as inxerencias políticas no labor informativo. As fraquezas dos epígonos de Feijóo esixen medios públicos de obediencia cega. O complexo político-mediático trenzado ao redor dos conservadores está envorcado en conter o desexo de cambio. Tras 15 anos sen ampliar as súas competencias e capacidades de goberno, Galicia vése acorada por unha Autonomía zombi.