Sección

Carta de axuste

E digo eu…

A velas vir

Cara B

Luz de gas

As Claves

Sección

Carta de axuste

E digo eu …

A velas vir

Luz de gas

Cara B

Fiadeiro

Obama e Serrat: fartos xa de estar fartos

Obama e Serrat: fartos xa de estar fartos

Obama di o que Serrat xa cantou: estamos fartos de estar fartos. Pero a fartura non sempre apunta cara ao mesmo lado: pode levar a pedir un cambio ou a quedar na casa. Mentres, o ruído mediático tapa o que está en xogo: dous modelos de país, un con sanidade e educación públicas e outro que as pon a prezo.

A débeda de Venezuela: unha nova estafa

A débeda de Venezuela: unha nova estafa

Tras o petróleo, chega a débeda. O goberno de Delcy Rodríguez está disposto a aceptar unha débeda de ata 240.000 millóns de dólares sen examinar a súa orixe, mentres fondos voitre que mercaron bonos a prezo de saldo poden triplicar o investimento. A factura, como sempre, pagaraa o pobo venezolano.

[Eleccións de medio mandato] A vía iliberal de Trump antes do 3 de novembro

[Eleccións de medio mandato] A vía iliberal de Trump antes do 3 de novembro

O presidente prometeu 5.000 dólares a cada cidadán adulto se o seu partido conserva o Congreso e impulsou en Texas e outros Estados distritos deseñados para sumar escanos republicanos. Os tribunais frearon a maior parte das súas ordes sobre inscricións e voto por correo, e rexeitaron as demandas para obter listaxes de electores. O Supremo, en cambio, deixou en vigor o redeseño texano e debilitou a protección legal contra a discriminación racial. 

[Eleccións de medio mandato] Capacidades e límites fronte a Trump dun Congreso demócrata 

logo-tempos-exclusivo [Eleccións de medio mandato] Capacidades e límites fronte a Trump dun Congreso demócrata 

Se os demócratas se fan coa Cámara de Representantes o 3 de novembro, poderán investigar o Goberno e frear as súas iniciativas, pero non desfacer por si sós as políticas de Trump, que conserva o poder de veto e seguirá na Casa Branca ata 2029. Os fondos xa concedidos á policía migratoria e o calendario parlamentario limitan ademais o alcance dunha nova maioría que non tomaría posesión ata xaneiro. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
[Eleccións de medio mandato] A esquerda gaña peso e disputa o rumbo demócrata

logo-tempos-exclusivo [Eleccións de medio mandato] A esquerda gaña peso e disputa o rumbo demócrata

Candidaturas apoiadas polo alcalde de Nova York e pola esquerda socialista derrotaron a congresistas veteranos nas primarias demócratas. O seu avance concéntrase en distritos seguros e enfronta o partido por Israel, os doadores e o relevo xeracional. En Texas, James Talarico disputa ao republicano Ken Paxton un escano no Senado. Novembro mostrará se o desprazamento á esquerda suma votos en distritos disputados e se a vía texana, centrada no custo da vida, convence a votantes non progresistas. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
O problema das infraestruturas ferroviarias en España

O problema das infraestruturas ferroviarias en España

A separación entre a xestión das infraestruturas e a explotación ferroviaria, a externalización dos servizos e o abandono progresivo da cultura do mantemento están detrás, segundo o enxeñeiro industrial Miguel Pavón, dunha perda de fiabilidade do sistema ferroviario español. Recuperar a coordinación e o coñecemento técnico acumulado é, ao seu xuízo, imprescindible.

A loita de clases nos Estados Unidos

A loita de clases nos Estados Unidos

A derrota republicana nas eleccións estadounidenses vai máis alá dun revés electoral para Trump: evidencia o malestar das clases populares e medias fronte ás súas políticas e abre unha nova etapa de confrontación política. Un resultado que tamén pode ter consecuencias na política internacional e na correlación de forzas das dereitas e esquerdas.

Brasil despois da remontada de Lula 

logo-tempos-exclusivo Brasil despois da remontada de Lula 

A reelección do veterano político de esquerdas impide o regreso dos Bolsonaro á Presidencia de Brasil e priva a Trump dun aliado na maior economía latinoamericana. Lula deulle a volta aos prognósticos cunha campaña que animou os simpatizantes a difundir mensaxes e convencer os seus veciños, coa redución da xornada laboral como bandeira e fronte a un rival que inquietou a votantes críticos co PT. Un Congreso máis conservador e a ausencia dun relevo claro marcan os límites desta vitoria. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Emerxencia democrática

Emerxencia democrática

Feijóo debería saber que o pasado sempre volve, aínda que só sexa para desvelar os falsos relatos cos que políticos coma el, sen outra épica e sen outra ética que a de escalar o poder a costa do que sexa, tentan acadar a primoxenitura.

Eleccións xerais e ferrocarril

Eleccións xerais e ferrocarril

O accidente ferroviario volve poñer no punto de mira a seguridade, os investimentos e a xestión do tren en España. Entre a esixencia de explicacións e a asunción de responsabilidades políticas, o debate sobre o futuro do ferrocarril sitúase tamén no centro da confrontación electoral.

Eleccións xerais e poder xudicial

Eleccións xerais e poder xudicial

A pugna política trasládase aos tribunais nun escenario electoral marcado pola controversia sobre o papel do poder xudicial. As tensións entre xustiza e política reabren o debate sobre a separación de poderes, a independencia xudicial e as reformas necesarias para garantir o funcionamento democrático das institucións.

A suba das pensións, en perigo

A suba das pensións, en perigo

A revalorización das pensións podería non estar tan garantida como parece. A incerteza política, os límites dun Goberno en funcións e a posible actuación do Tribunal Supremo abren interrogantes sobre unha medida que afecta millóns de pensionistas. Está realmente en perigo a subida das pensións?