Segundo os datos do Ministerio de Comercio (Datacomex), Galicia ten unha cota ou peso no total das exportacións españolas fóra de España moi alto: un 7,6% en 2022. Unha porcentaxe que supera o noso peso no PIB, que se sitúa algo por riba do 5 %.

Fonte: elaboración propia con datos do Ministerio de Comercio. [Ampliar gráfico]
E o máis grave é que no que levamos de século XXI non se albisca ningún dato de que esteamos na senda de diminuír aquela fenda. Pois en máis de vinte anos non fomos quen de superar o 4,6 % do ano 2000. Vinte anos perdidos. O reto sería acadar o 5,2 % do total de exportadoras españolas. O que nos obrigaría a pasar de 8.500 empresas exportadoras galegas en 2022 a case 10.000. Unha fenda que xa se leva mantendo demasiado tempo sen que as políticas -e os recursos- despregados semellen ter éxito.