Severiano Casalderrey
Severiano Casalderrey
O 22º PLAY-DOC: a memoria como acto de resistencia 

O 22º PLAY-DOC: a memoria como acto de resistencia 

O Play-Doc -Festival Internacional de Cine de Tui- acaba de celebrar a súa vixésimo segunda edición (29 de abril a 3 de maio), tan rico e orixinal coma nos ten acostumados. Hai tempo que deixou de ser unha cita cultural máis no calendario para converterse nunha experiencia. Por iso, a fidelidade do seu público é inquebrantable, presto a acudir a esta chamada obrigada. Dende logo, atractivos non lle faltan a este espazo de pensamento e reivindicación, sempre co documental de autor como bandeira.

Creando cinema desde o paraíso

Creando cinema desde o paraíso

O Conecta Lab volveu un ano máis á Illa de San Simón para celebrar unha nova edición do seu laboratorio de creación audiovisual. Esta cita afrontou o seu cuarto encontro, que tivo lugar entre o 14 e o 20 de abril, nunha semana de traballo intensivo e convivencia creativa que gozou dunha dimensión especial neste recuncho da ría de Vigo. Todo sucedeu segundo o ritual habitual, especialmente na súa capacidade para situar os creadores nun lugar afastado do mundanal ruído, onde os proxectos poden ser contemplados con maior pausa, perspectiva e profundidade.

10º Novos Cinemas. Fascinación por un cinema valente

10º Novos Cinemas. Fascinación por un cinema valente

Unha vez máis, o Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra pechaba o calendario de festivais cinematográficos en Galicia. Foi o ano da súa décima edición (9-14 de decembro), ofrecéndonos unha nova lección de cinefilia a través da súa ampla e atinada programación. Todo sucedeu segundo o guión habitual, especialmente na súa capacidade para conectar o público cun cinema pequeno que, alén dos grandes titulares, merece ser descuberto.

21º PLAY-DOC. Un encontro (fílmico) entre o pasado e o presente  

21º PLAY-DOC. Un encontro (fílmico) entre o pasado e o presente  

O Play-Doc -Festival Internacional de Cine de Tui- afrontou entre o 7 e 11 de maio unha nova edición, a vixésimo primeira, chea de novidades no amplo e ecléctico panorama do cinema documental. A súa capacidade para sorprender ao público asistente é xa unha marca da casa, de aí que o seu poder de convocatoria abranga a toda Galicia e a parte do estranxeiro. Non en balde, é un dos festivais especializados en documental máis relevantes da Península Ibérica, á altura das citas máis selleiras do territorio, como o DocsBarcelona, o DocumentaMadrid, o Punto de Vista (Pamplona) ou mesmo o portugués DocLisboa.