A taxa de ocupados en Galicia segue á baixa. Así se desprende dos datos do Instituto Galego de Estatística. O galego só representa o 5,3% do emprego do Estado español, dúas décimas menos que en 2021.
Sección
Carta de axuste
E digo eu…
A velas vir
Cara B
Luz de gas
As Claves
Sección
Carta de axuste
E digo eu …
A velas vir
Luz de gas
Cara B
Fiadeiro
Sentidiño en Madrid coa vista en Barcelona
Nos albores da autonomía e da democracia, quíxose facer de Galicia exemplo para as comunidades autónomas “de vía lenta” no acceso ao autogoberno. Hoxe, a propia Galicia aspira a ser exemplo para apazugar as ansias de ruptura das comunidades “de vía rápida”.
Dos Estados Unidos de 1787 a Unión Europea de 2024
Mentres o obxectivo dos federalistas norteamericanos era preservar e perpetuar a Unión deses Estados, a Europa de 2024 debera centrar os seus esforzos en perpetuar a Unión Europea, ameazada por enfrontamentos e guerras interiores e por potenciais novos abandonos como xa aconteceu en 2020 co Brexit.
Demasiados desafíos globais para a UE?
A guerra de Ucraína debería servir para que Europa abrise un debate e unha reflexión sobre a súa relación futura non só con Estados Unidos senón con Rusia, un veciño co que terá, gústelle ou non, que convivir.
Cara un estado europeo?
Tal como quedou a súa arquitectura máis ou menos dende Maastricht, a UE tiña unha cara de organización internacional (por exemplo, defensa); outra de confederación (cooperación xudicial e policial) e outra de federalismo, e bastante centralizado no caso da eurozona. Pero a crise do 2008, a covid e agora Ucraína, viñeron desequilibrar ese precario equilibrio tripartito. Imos cara un estado europeo?
Dun Estado Autonómico a Federal ou Confederal: perspectivas dende Catalunya
O debate sobre o modelo de Estado centra esta análise de Albino Prada coincidindo coa convocatoria electoral en Cataluña. Á vista dos resultados de diferentes sondaxes, máis da metade do electorado prefire maiores cotas de autonomía, en posicións que van desde un modelo federal ou confederal até o Estado independente.
Exemplaridades e exemplos
O 29 de abril publicouse o último dos decretos -o anterior fora o 22- que configuran unha mudanza política e xeracional. Entre os cambios máis notábeis, a degradación de Diego Calvo dende a vicepresidencia da Xunta á Consellería de Presidencia, e a remuda efectiva da cúpula do Sergas. En tempos postpandémicos, e logo de que Rueda considerase que as urnas aprobaran o conxunto do Goberno galego, non deixa de ser unha emenda a moito do que viñeron sostendo nos últimos anos. O baile de altos cargos achégase aos 70 nomes.
A axenda do ‘punto e aparte’
Tres son as iniciativas imprescindibles para desabastecer de osíxeno o golpismo xudicial e mediático: liberar o CXPJ do secuestro no que o mantén o PP mediante un cambio na lei que o regula, unha lei de medios que garanta o dereito constitucional a unha información veraz, e meterlle man ao enxendro da chamada Lei Mordaza.
O heroe aflixido
En realidade, é moi improbable que se tratara dunha xogada calculada. Se foi ese o caso, necesita un xiro de guión. O heroe aflixido ten que transformarse en heroe redentor. Necesita que se produza unha catarse.
A sanidade pública galega: funciona? Como funciona?
A análise dos datos demostra que, para o noso sistema sanitario estar a altura das demandas dunha poboación galega moito máis envellecida que a media española, é preciso un incremento significativo de recursos humanos e materiais.
O tempo morto de Sánchez
Mañá, luns, despexarase a incógnita. Con todo, tras a inédita decisión de Sánchez, comezaron a manifestarse os efectos positivos dun tempo morto. Reactivouse a potencia política do espazo progresista. O PSOE deixou de ser un espectador pasivo e ensimesmado. Socios e aliados do Goberno progresista pecharon filas. Quedou á luz a liña de demarcación entre os demócratas e os non demócratas.
[Galicia 2024] Estratexias erradas e cambios de perfil electoral
A enquisa postelectoral do CIS aporta datos que merecen a atención dos expertos e da cidadanía. Analízaos para Tempos Dixital Juan Jesús González, un dos sociólogos de maior prestixio en España. Deduce que o PSdG aplicou unha estratexia, a do bibloquismo, que lle resultou fallida, favorecendo tanto á dereita como sobre todo ao BNG. E tamén que se produciron cambios sociodemográficos no perfil dos diferentes partidos.
Heráclito en Galicia
Tamén Galicia se rende á incerteza. Pedro Sánchez é o gran supervivente da política española. É moi difícil non caer nos lugares comúns ante figuras así. O autor de “Manual de resistencia” parece investido da mesma “baraka” que os africanistas puñan no ditador aquel que vostedes saben. Sobreviviu a unha traizón dos seus máis próximos e a unha defenestración como secretario xeral. Reconquistou o partido subido a un coche, confundíndose naquelas imaxes o seu entusiasmo co daqueles militantes emocionados que percorrían as cidades con megafonía electoral nos arquivos audiovisuais que retratan as primeiras eleccións democráticas dende a II República.
Outro Feijóo é posible
Reforzado polos resultados electorais, Rueda encara a construción da Galicia Conservadora da próxima década. O tempo da Post-Autonomía conservadora, da política despolitizada, do autogoberno destilado como xestión administrativa, e de Galicia como unha sociedade mansa na que o conflito estea expresamente desterrado nos medios. A Coalición Inmobilista traza o horizonte de 2034. Outro Feijóo é posible.
A pantasma de ETA non asusta en Euskadi
Os resultados das eleccións vascas deixan un parlamento conformado por un 72% de deputados nacionalistas, cun incremento relevante de actas para EHBildu que ameaza a primacía política do nacionalismo centrista do PNV en beneficio do esquerdista. O centro-esquerda estatal queda reducido á condición de acólito necesario para formar goberno e a dereita española non pinta nada. E non son estas as únicas conclusións que se poden tirar da xornada electoral.