Unha das grandes preocupacións do portugués José Saramago era a necesidade histórica dalgún tipo de iberismo, dun entendemento entre os fillos daquela Iberia para quen Pondal prometía que “a luz virá”. Conversamos con Ramón Villares, que explora esta idea no seu libro “Repensar Iberia. Del iberismo peninsular al horizonte europeo”, recentemente saído do prelo.