O pasado venres 10 de maio estreábase nas salas de cinema “As neves”, o agardado debut na longametraxe de ficción de Sonia Méndez. Ambientada nunha remota aldea, un grupo de adolescentes da Xeración Z se xunta de xeito clandestino para celebrar o Entroido.
Cultura
As cousas que tiveron que pasar para que chegase a morte
«Los que idearon el 11-M no están ni en desiertos remotos ni en montañas muy lejanas». Anos despois do maior atentado yihadista en Europa, José María Aznar, presidente do goberno español durante a traxedia, aínda propagaba a idea de que ETA estaba detrás da masacre....
Homenaxe póstuma a un poeta amigo
Dende comezos de abril, xa está dispoñible a última canción de Roger de Flor, que ten por título Muíño da Malladoira. A frío golpe de clic, como mandan os tempos, o cantautor limodrés publica o videoclip que xa fai o número vinte no seu extenso palmarés. A...
Baixo o abraio de Sobre
Sobre, de Ensalle Teatro, estreouse a fin de semana do 22, 23 e 24 de marzo de 2024. Ensalle brinca e desafía ese costume que temos de xustificar as artes escénicas e moitas outras cousas na vida polo tema ou os temas SOBRE os que versan. Así a preposición “sobre” é...
[Coloquio] Luísa Villalta: unha voz eterna para un tempo concreto
O pasado 20 de abril celebrouse un coloquio organizado por TEMPOS NOVOS e conducido pola xornalista Montse Dopico, autora de “Abonda con vivir: Luísa Villalta” (Xerais). Participaron no mesmo Beatriz Maceda, coautora xuntamente con Eli Ríos de “Luísa Villalta. Alma de violino” (Xerais) e a escritora e profesora da UDC Pilar García Negro, que foi boa amiga da homenaxeada.
Os ladróns de tumbas so son una gota no mar
Un pobo emigrante como o galego sabe á perfección que a terra tira dun como se non fósemos máis que metais gobernados por un imán. Pero no caso do protagonista de A quimera esa pulsión é literal. A terra chámao para amosarlle dúas cousas: tesouros cerimoniais...
As Residencias Artísticas Mariñán volveron pór en común talento, creatividade e técnica
Hai algo romántico na evocación deste “encerro creativo” que inevitablemente trae á cabeza aqueles días que Mary Shelley botou, xunto as amizades, enclaustrada na casa de lord Byron durante o “ano sen verán” de 1816. Propúxose daquela un xogo: a creación dunha historia de terror. Case se escusa de contar o resto: Shelley concibiu alá unha obra pioneira da ciencia ficción e un dos maiores expoñentes do terror gótico: “Frankenstein ou O Moderno Prometeu”. Existe, xa que logo, unha potencialidade cando se xuntan e conviven talentos dispares que as Residencias Artísticas Mariñán procuran explotar, xa por segundo ano, e novamente impulsadas pola Deputación da Coruña.
[Texto inédito de Luísa Villalta] A escena invisible
É na primavera de 2002 cando Luísa Villalta participa unha xornada de Crítica literaria en Vigo. Camiño Noia, organizadora daquel evento xunto con Manuel Forcadela, conserva o texto presentado por Luisa para unha posible publicación que non se fixo e que agora reproducimos.
Marita Carmona: libro de horas
A galería Dodo Dadá alterna a promoción da arte plástica nacional e internacional con diferentes eventos culturais de diversa índole. Todo a se realizar na procura de ser outro pequeno corazón que manteña o sangue cultural de Auria en movemento, que non é pouco.
Rompendo moldes no debate industrial en Galicia
Hai en Galicia un formigueiro empresarial fervendo que precisaría dun capital social e institucional á súa altura. Un capital que anda secuestrado por un grupo neoliberal de amiguetes moi centrípetos en asociacións e lobbies ben engraxados. A mala noticia é que mentres as cousas sigan así, as mellores enerxías do país ou se suman a esa conga extractiva, ou se amañan pola súa conta.