Afonso Becerra de Becerreá
Afonso Becerra de Becerreá
O bo de andar coa cabeza nas nubes

O bo de andar coa cabeza nas nubes

Martín Blanco e Carlota Rosón Rojo, en Coa cabeza nas nubes, ofrecen unha peza simpática para crianzas e persoas que conserven esa ollada. Trátase dun espectáculo moi curioso porque, en principio, parece teatro físico, no que, sen falar, se van dando situacións teatrais, como, por exemplo, a inicial: hai un globo moi bonito nas alturas, entra un rapaciño, veo e, como é lóxico, quere collelo.

A graza do desgraciado

A graza do desgraciado

Adorei este espectáculo de circo porque o protagonista, Rogelio, é un pobre “friki” que cumpre 33 anos e ao que non lle vai ninguén á festa de aniversario. O protagonista é un perdedor nato, un anti-protagonista, un anti-heroe, un anti-guapo, o rapaz ao que lle...

Mariña, a voz dos naufraxios

Mariña, a voz dos naufraxios

A cultura da morte en Galiza sempre estivo a rentes da cultura da vida, non só polas lendas ou os monumentos megalíticos, como o dolmen de Dombate, senón tamén pola simboloxía da terra do solpor, por onde morre o sol, o Finis Terrae para os romanos.  De Fisterra...

Escenas do Cambio 2025. Accións compartidas  

Escenas do Cambio 2025. Accións compartidas  

Van once edicións de Escenas do Cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura. Unha cita que, como o seu propio nome indica, se caracteriza por unha programación que vai alén dos formatos máis tradicionais do que adoitamos entender por teatro ou danza. Dos festivais de artes escénicas que hai na actualidade en Galiza este é o que ofrece propostas máis desafiantes, no que se refire ás linguaxes escénicas, á enxeñaría do espectáculo e aos pactos de xogo que se establecen coa recepción.