Libros
Libros
O tren da melancolía

O tren da melancolía

Este Asalto ao tren da Portela de Freixanes lles traerá ás mentes un mundo que foi e xa non é, pero que moitos aínda gardamos nas acordanzas, vividas ou referidas, tanto ten. E nese universo os emigrados a ultramar eran heroes de pendentes emblema, e os traballadores nas plataformas do Mar do Norte, titáns.

Ideoloxía e sensación

Ideoloxía e sensación

Enmarcada por senllos textos de dúas grandes poetas e magníficas analistas, Pilar Pallarés e Eva Veiga, está na rúa desde hai varias semanas unha antoloxía imprescindíbel da obra poética de Luisa Villalta, responsabilidade da editora Chan da pólvora. Así vai formando...

A odisea dos irmáns Cabezas

A odisea dos irmáns Cabezas

Antón Seoane (Ferrol, 1949) é unha das grandes figuras da cultura galega contemporánea. Coñecido polo seu traballo como médico e psiquiatra e, sobre todo, pola súa monumental aportación á percepción acústica da Galiza do noso tempo, en diversas formacións, primeiro,...

A medida do noso corazón

A medida do noso corazón

Claudio Rodríguez Fer regresa, case corenta anos despois, ao seu Lugo Blues, aquel poemario de culto que, en 1987, sorprendía pola súa calidade e pola aposta temática pola memoria, pola persoal mais tamén pola memoria histórica desta cidade. Con ilustracións de Sara Lamas.

Ánxel Huete, poeta

Ánxel Huete, poeta

Un dos grandes nomes da nosa tradición pictórica recente, Ánxel Huete, publica un libro-obxecto-poemario, titulado Pintura sen cores, editado por Bourel, en edición numerada de cen exemplares, asinados polo autor, un mangado de poemas mecanografados nunha Olympia Traveller de Luxe e pinturas orixinais do artista. 

O humor delirante de Álex Alonso

O humor delirante de Álex Alonso

O estranxeiro inscríbese nese non abondo cultivado ámbito da nosa literatura que ten no humor un dos seus esteos principais. Tanto pola historia proposta coma polas estratexias discursivas empregadas a obra destila un refinado e intelixente humor no que alternan, segundo os momentos, a retranca de noso, a ironía e o sarcasmo.

A cuestión da verdade

Velaquí un excelente exemplo de texto divulgativo: Verdade e acción. A certeza pragmática, de Fernando  González Gándara. Porén, o autor non adopta o enfoque dun academicismo neutro, ben ao contrario en ningún momento agocha a súa opción a favor da posición epistemolóxica de William James, nas controversias internas ao propio pragmatismo e, cabe deducir,  do pragmatismo como opción válida e mesmo preferente nos debates contemporáneos. 

Un reencontro feliz

Un reencontro feliz

Dous libros de poemas de Isolda Santiago, escritos nos anos finais do século XX, permaneceron en silencio durante máis de dúas décadas. Son Cando levante a brétema e Correspondencia, os dous títulos que integran o volume Escrita oculta, acabado de editar por Chan da...