Cultura

Alguén ao lado

Alguén ao lado

O que parece a novela dun principiante acaba converténdose, nas mans de Xabier Quiroga, nunha lúcida historia sobre a amizade, a memoria e a escrita. Entre Lugo e Marrakech, pasado e presente encaixan cunha precisión de reloxo suízo.

A obra de Misha Bies Golas, no CGAC

A obra de Misha Bies Golas, no CGAC

Entre obxectos cotiáns, arquivos, memoria e cultura popular, Misha Bies Golas constrúe unha obra que nace da mirada e da capacidade de reparar no que adoita pasar desapercibido. A mostra do CGAC revela unha práctica artística que transforma os materiais e referencias do mundo en pensamento crítico, teatralidade e novas formas de ver.

Alberte Pagán, cineasta: “Non hai nada máis político que un espectador que pense” 

Alberte Pagán, cineasta: “Non hai nada máis político que un espectador que pense” 

Vinte anos despois de Bs. As., Alberte Pagán reivindica un cinema que desafía as convencións narrativas para activar o pensamento crítico. Nesta conversa, reflexiona sobre a dimensión política das imaxes, a experimentación como forma de resistencia, Palestina, o Novo Cinema Galego e o lugar que ocupa hoxe un cinema feito á marxe da industria.

Ignacio Castro, escritor

Ignacio Castro, escritor

Recentemente, Chan de Pólvora reeditou Roxe de sebes, a crónica dos mil días na montaña do Courel de Ignacio Castro Rey. Un libro que entretece a paisaxe coa reflexión e que merece unha demorada conversa conducida por Bieito Iglesias. 

Unha testemuña vital

Unha testemuña vital

A memoria viva da cultura galega fíoselle a través das voces e legados de quen a construíron. Coa pluma áxil de quen viviu en primeira liña algúns dos seus momentos máis relevantes, Memoria do vivido reúne evocacións, biografías e entrevistas para rescatar do esquecemento persoeiros fundamentais e reivindicar a dignidade dun país a través dos seus protagonistas.

Antonio Simón, actor e escenógrafo: “Para min o teatro é o máis importante” 

Antonio Simón, actor e escenógrafo: “Para min o teatro é o máis importante” 

Antonio Simón leva máis de medio século dedicado a construír o teatro galego desde todos os oficios posibles: actor, escenógrafo, director, produtor ou docente. Premio da Academia Galega de Teatro 2026, reivindica o escenario como a súa prioridade vital e percorre unha traxectoria inseparable da profesionalización e da historia recente das artes escénicas en Galicia.

Ti vai facendo

logo-tempos-exclusivo Ti vai facendo

O "ti vai facendo" convertido en método de goberno serve para explicar unha forma de exercer o poder baseada na maioría absoluta, o control das institucións e a utilización da lei como coartada. O conflito arredor do CGAC reabre un vello debate sobre o caciquismo, a política cultural e os límites da discrecionalidade na Galicia actual.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo

Crítica cultural

Cinema

Cinema

Series

Series

Escena

Escena

Libros

Libros

Arte

Arte

Música

Música

Banda deseñada

Banda deseñada

Crítica cultural

Cinema

Cinema

Series

Series

Escena

Escena

Libros

Libros

Arte

Arte

Música

Música

Banda deseñada

Banda deseñada