Nun contexto de crecente polarización política, o dossier deste número analiza o xuízo e o asedio ao sanchismo, as tensións entre democracia e involución autoritaria e os intereses económicos que alentan a ofensiva contra o Goberno progresista. A mirada internacional detense nos Estados Unidos e no Brasil, mentres a revista rende homenaxe a Xosé Manuel Beiras e dá voz a Víctor Sampedro e Alfonso Sucasas. Política, pensamento, cultura e actualidade nunha nova entrega de novembro de Tempos Novos.





Pazo de Meirás: a fin dunha usurpación










