Puntual coma sempre desde que fai 27 anos iniciara en Tempos Novos as súas crónicas políticas e os seus artigos sobre os máis diversos aconteceres conmemorativos, Justo Beramendi enviou á revista, hai apenas dez días, a súa derradeira aportación. “Democracia e esquerdas, á defensiva na UE” é o título que el mesmo elixiu nesta ocasión, e sae publicada neste número de xullo (o 326). Unha análise das últimas eleccións europeas feita coa profundidade e o rigor, coa independencia de criterio, a pedagoxía comunicativa e o compromiso cívico que caracterizaron a súa produción xornalística (e a súa obra ensaística). Un privilexio que tiveron os lectores e lectoras da publicación, e que tivemos todos cantos traballamos neste proxecto de comunicación e información alternativa que el contribuíra a fundar canda outras 150 persoas en 1997.



Da pirueta de Sánchez ao sudoku catalán







O disputado voto do señor Carles




