Sección

Carta de axuste

E digo eu…

A velas vir

Cara B

Luz de gas

As Claves

Sección

Carta de axuste

E digo eu …

A velas vir

Luz de gas

Cara B

Fiadeiro

Entre granulados e Altri acabou 2024

logo-tempos-exclusivo Entre granulados e Altri acabou 2024

A crónica de 2024 ten un foco destacado na preocupación medioambiental; se no inicio do ano o protagonismo foi para os vertidos de granulados, nos últimos compases foi a manifestación do 15 de decembro contra Altri a que fixo visible unha contestación social que non fixo senón medrar nos últimos meses.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Marcha un plácido 2024

Marcha un plácido 2024

O ano péchase en Galicia sen sobresaltos. A illa de estabilidade deu mostra da súa condición nas eleccións de febreiro. No ocaso deste primeiro pero en realidade décimo sexto ano triunfal, todo o que sucede en Galicia ten un pouso de xa visto, de agardado ou de presentido.

O futuro xa está aquí

O futuro xa está aquí

O ilustrado frances Jeán de la Bruyere publicaba en 1687 o seu maxistral libro “ Les caractéres ou les Möeurs de ce siécle”. Nel sostén entre outros argumentos o de que “ Todo xa foi dito e chegamos demasiado tarde…”. E é que efectivamente, dende entón e ata hoxe, na produción de pensamento en xeral, pero tamén no urbanístico, hai unha alta compoñente tautolóxica. E esta é exactamente a miña sensación cada vez que escribo ou falo de territorio e vivenda en Galicia.

Os ocupados minguantes (1979-2024)

Os ocupados minguantes (1979-2024)

Nos últimos corenta e cinco anos Galicia pasou de ter nove de cada cen ocupados pasamos a ter só apenas cinco. Unha caída de case o 50%. Se mantivésemos o peso no total da ocupación do Reino de España precisariamos ter novecentos mil ocupados máis, e superar así os dous millóns.

Esperpento xudicial e político

Esperpento xudicial e político

A actualidade política e xudicial española salta de esperpento en esperpento, dende os labirintos das maiorías parlamentarias ao lawfare. Isabel Díaz Ayuso, o xuíz Peinado ou Carles Puigdemont asómanse por este percorrido pola actualidade.

Altri caldea o ambiente

Altri caldea o ambiente

Achégase unha manifestación que se di histórica, mentres o presidente da Xunta fai fronte común contra o Goberno central canda as comunidades populares arredor do financiamento e a quita da débeda autonómica. Esta mesma semana, por fin se fixo xustiza, a pouca que sexa, con Alexandre Bóveda.

Para onde foron as esquerdas?

Para onde foron as esquerdas?

As esquerdas occidentais nin sequera son quen de opoñerse ao comercio de armas a un país que as está utilizando para masacrar o pobo palestino. Comercio que está suficientemente contrastado a pesar do silencio dos gobernos responsables. Israel é un dos Estados máis militarizados.

Biocapacidades e riqueza nacional

Biocapacidades e riqueza nacional

Moito se fala ultimamente sobre se os ingresos fiscais derivados da súa riqueza (PIB) deberan quedar en cada nacionalidade ou rexión do reino de España. E tamén que a orde ou ranking do PIB non debera verse alterado pola intervención pública. Do que non se fala tanto é de que esas caixas estancas e esa xerarquía depende doutras caixas que están abertas de todo, e de outras xerarquías invertidas.  

A vitoria de Trump e o avance do ultraliberalismo

logo-tempos-exclusivo Trump II: un mundo en vilo?

Para comprender os posibles escenarios que se aventuran tras a vitoria de Donald Trump, conversamos con Robert Matthews, Ph.D  da New York University e especialista na política exterior estadounidense; Mariano Aguirre, membro asociado de Chatham House (Londres)  e autor de Guerra Fría 2.0 (Icaria, Barcelona, 2023); Mónica Hirst, profesora da universidade Torquato di Tella  e investigadora do IESP-UERJ; e Carolina Jiménez,  presidenta da Oficina en Washington para Asuntos Latinoamericanos (WOLA, siglas en inglés). 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
[Para outra teoría das catástrofes] O capitalismo mata  

logo-tempos-exclusivo [Para outra teoría das catástrofes] O capitalismo mata  

Malia existir atinadas análises, lexislación “ad hoc”, medios económicos e intelixentes propostas para palialas e incluso para evitalas, periodicamente asistimos a catástrofes de todo tipo con cada vez máis graves consecuencias. Que é o que fai que unha e outra vez rompan as balsas tóxicas das mineiras? Por que xigantescos petroleiros sofren accidentes causando contaminantes verteduras? Por que grandes inundacións asolagan extensas zonas poboadas coa dramática consecuencia de centos de vítimas? Son algunhas das preguntas ás que este artigo busca resposta.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
O que a DINA nos ensinou

logo-tempos-exclusivo O que a DINA nos ensinou

O relato que propón o PP está cheo de trampas. É coma se ao investigar o colapso dun edificio centrásemos a atención no tempo de resposta de rescate no canto de poñer o foco na responsabilidade legal da construtora que dirixiu a obra ou na administración que non supervisou debidamente a seguridade da construción. Nada pode ocultar a colección de erros e incompetencias que desembocou nunha xestión criminal dunha emerxencia que nunhas poucas horas acabou coa existencia de máis de 200 persoas e coa forma de vida de centenares de miles de cidadáns. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo