Este Asalto ao tren da Portela de Freixanes lles traerá ás mentes un mundo que foi e xa non é, pero que moitos aínda gardamos nas acordanzas, vividas ou referidas, tanto ten. E nese universo os emigrados a ultramar eran heroes de pendentes emblema, e os traballadores nas plataformas do Mar do Norte, titáns.
