Aos setenta e cinco anos, logo dunha vida dedicada á literatura e á poesía, como escritor, como teórico e como docente, Xosé María Álvarez Cáccamo publica na editorial Dilema unha antoloxía bilingüe galego-castelán da súa obra poética titulada Cuatro Décadas, Poesía 1983-2023, con prólogo de Luís Suñén. Tempos Novos non quixo deixar pasar a ocasión de entrevistar a un dos poetas máis singulares da tradición galega contemporánea.













