Estou con Josiño Araújo no monte da Guía de Vigo, no lugar mesmo onde Pedro, o protagonista da súa última novela, San Meteoro, sente caír ao seu carón o insólito obxecto celeste cuxa influencia vai modificar de xeito radical a súa vida. Por acompañar a Pedro e os seus amigos no botellón das primeiras páxinas, Josiño e eu imos bebendo de vagariño senllos vasos de calimocho.













