Manoel Barbeitos
Manoel Barbeitos
Unha Unión Europea sen alma

Unha Unión Europea sen alma

A política migratoria da Unión Europea afástase cada vez máis dos principios cos que naceu. O endurecemento das medidas contra a inmigración, a aproximación aos postulados da extrema dereita e decisións como os contactos cos talibáns alimentan a percepción dunha Europa que sacrifica dereitos e solidariedade en nome do control das fronteiras.

Joaquín Urias, profesor de Dereito Constitucional: “Perder apariencia de imparcialidade xera desconfianza”

logo-tempos-exclusivo Joaquín Urias, profesor de Dereito Constitucional: “Perder apariencia de imparcialidade xera desconfianza”

A crecente xudicialización da política e a perda de confianza cidadá na xustiza alimentan unha crise institucional que transcende os tribunais. As filtracións, a percepción de falta de imparcialidade, o lawfare e o papel dos xuíces nos grandes conflitos políticos sitúan o Estado de dereito no centro dun debate cada vez máis intenso. De todos estes temas falamos co profesor de Dereito Constitucional Joaquín Urías.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Jean Ziegler, in memoriam

Jean Ziegler, in memoriam

Coa morte de Jean Ziegler desaparece unha das voces máis incómodas para o poder financeiro global. O sociólogo suízo dedicou décadas a denunciar a especulación alimentaria, os paraísos fiscais e a responsabilidade das institucións internacionais nun mundo onde centos de millóns de persoas seguen padecendo fame.

Cuba e a dobre vara de medir de Occidente

Cuba e a dobre vara de medir de Occidente

Mentres Washington endurece a presión sobre Cuba en nome da democracia e os dereitos humanos, en boa parte de Centroamérica multiplícanse as denuncias por autoritarismo, persecución política e deterioro social sen provocar unha reacción semellante. A comparación revela unha evidente dobre vara de medir na lectura occidental da rexión.

Miserias duns medios fortemente subvencionados

Miserias duns medios fortemente subvencionados

A dependencia económica dunha parte da prensa galega respecto das axudas públicas alimenta un modelo informativo que cuestiona a súa independencia. Mentres determinados casos de corrupción monopolizan portadas e opinións, outros reciben unha atención moito máis discreta, erosionando a credibilidade dos medios e a súa función como contrapoder democrático.

Cuba: soberanía e democracia

Cuba: soberanía e democracia

Entre o endurecemento do bloqueo estadounidense e as limitacións dun sistema político e económico cada vez máis cuestionado, Cuba atravesa unha das crises máis profundas da súa historia recente. Soberanía, democracia, pobreza e dereito a decidir entrecrúzanse nun escenario marcado pola presión exterior e polas contradicións internas.

Xosé Carlos Arias, economista: ‘O tempo é ouro’: finanzas lóstrego e recesión democrática

logo-tempos-exclusivo Xosé Carlos Arias, economista: ‘O tempo é ouro’: finanzas lóstrego e recesión democrática

A democracia pensa en anos; as finanzas actúan en microsegundos. Entre ambos os ritmos ábrese unha fenda cada vez maior que fortalece os mercados, concentra poder nas grandes tecnolóxicas e debilita a capacidade dos Estados para responder aos desafíos do noso tempo. Son algúns dos temas sobre os que reflexiona o economista Xosé Carlos Arias nesta entrevista.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo