Observatorio de medios

O xornalismo, ameazado polas presións políticas

logo-tempos-exclusivo O xornalismo, ameazado polas presións políticas

No Informe anual que para este 2024 vén de elaborar e facer público Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), imponse unha constatación: a liberdade de prensa está ameazada polos mesmos que deberían ser os seus garantes, as autoridades políticas. No maior ano electoral da historia, o planeta asiste á presión crecente dos actores políticos sobre os medios de comunicación e os xornalistas, en detrimento da independencia, a calidade da información e o pluralismo.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A primeira guerra mundial da información

logo-tempos-exclusivo A primeira guerra mundial da información

Malia a propaganda interesada, non estamos ás portas dunha terceira guerra mundial. Pero si que nos atopamos inmersos nunha primeira guerra mundial da información (ou da desinformación). A información como arma de guerra nos escenarios en conflito de Ucraína e Gaza. E tamén como arma política en escenarios nos que a desinformación, as ameazas á liberdade de prensa e os bulos adquiriron carta de cidadanía nas loitas polo poder. Por caso, na España de Ayuso e do PP.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A. G. Sulzberger, editor de The New York Times: “O sector periodístico necesita pensar máis en grande”

A. G. Sulzberger, editor de The New York Times: “O sector periodístico necesita pensar máis en grande”

A.G. Sulzberger, editor dun dos xornais máis influíntes do mundo, o The New York Times, concedeulle a Reuters unha longa entrevista na que se manifesta sobre todos e cada un dos grandes retos aos que se enfrontan os medios e tamén o xornalismo. Reproducímola aquí para subscritores e subscritoras de Tempos Dixital.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
[ESCÁNER] O medo a Putin silencia a oposición contra o Kremlin

logo-tempos-exclusivo [ESCÁNER] O medo a Putin silencia a oposición contra o Kremlin

Se antes non se produce un maremoto, Putin terá ben aseguradas as chaves do Kremlin ata o 2030. Con que oposición? Manterán as elites rusas o grao de adhesión que lle seguen profesando? Para responder a esas preguntas, recollemos as respostas que dan nunha ampla entrevista en Le Grand Continent dous recoñecidos politólogos críticos con Putin e o seu mandato á fronte do Kremlin, Alexandre Kynev e Andrei Kolesnikov, que siguen pese a todo residindo en Moscova.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Non queremos a guerra, pero algúns medios si

logo-tempos-exclusivo Non queremos a guerra, pero algúns medios si

O diario El País sorprendía recentemente cunha portada dominical na que afirmaba taxativamente que Europa estaría preparándose para unha posible guerra contra Rusia, e nun editorial demandaba unha pedagoxía política para concienciar á cidadanía europea ao respecto. Porén, o diario español non é o único dos grandes rotativos europeos que recargaron as súas axendas con ese desacougante aserto informativo. O autor deste artigo apunta a que poderíamos estar inmersos nunha campaña probélica.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
[Escáner] Un bucle sen fin en Gaza, a blindaxe do aborto en Francia e as dez temibles medidas de Trump

[Escáner] Un bucle sen fin en Gaza, a blindaxe do aborto en Francia e as dez temibles medidas de Trump

Non se detén a escalada de morte e destrución en Gaza por parte do exército israelí. Porén, Netanyahu non parece estar conseguindo o seu obxectivo: borrar do mapa a Hamas. Preto de nós, Francia convértese no primeiro país do mundo en blindar o dereito ao aborto na Constitución. Mentres, no outro lado do Atlántico, Donald Trump afiánzase na súa carreira cara unha nova investidura presidencial e, no caso de conseguilo, a da prohibición do aborto é unha das dez grandes medidas que podería utilizar para darlle unha volta de porca aos Estados Unidos de Biden.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A desinformación ao descuberto

A desinformación ao descuberto

A Fundación Gabo e o Proxecto Desconfío lanzan a guía ‘Desinformación ao descuberto. Aprendizaxes, retos e recomendacións’. En setembro de 2023, o III Cumbre Global sobre Desinformación presentou unha serie de encontros que abordaron o estado actual da desinformación,...

Escáner | Cartografía de dous anos de guerra en Ucraína

Escáner | Cartografía de dous anos de guerra en Ucraína

Tras case dous anos de guerra a gran escala, a liña da fronte en Ucraína xa non se move. O enfraquecemento do apoio militar occidental está a forzar a Kiev a unha guerra de desgaste, mentres que Putin puxo a Rusia nunha economía de guerra. Como se está desenvolvendo esta nova situación na fronte? Un repaso ás principais fases da guerra desde febreiro de 2022. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo

Suscríbete para acceder ao contido exclusivo