Unha escolma de artigos publicados arredor da actualidade. Nesta entrega: inmigración, eleccións en EE.UU, o pacto catalán e Venezuela.
![[Escáner] O que destilan os medios](https://temposdixital.gal/wp-content/uploads/2024/08/patera-inmigracion-ilegal-migrantes.jpg)
Unha escolma de artigos publicados arredor da actualidade. Nesta entrega: inmigración, eleccións en EE.UU, o pacto catalán e Venezuela.
A fronte republicana que pasado día 7 gañou as eleccións en Francia é en realidade unha coalición electoral que foi posible grazas ao xogo das retiradas. Os franceses detiveron en seco a escalada de votantes que lle dera folgos á extrema dereita de Le Pen na primeira volta. Coa esquerda á cabeza, a cuestión aberta hoxe é como traducir isto nunha coalición política que sexa quen de constituirse como tal na Asemblea. Despexar esa incógnita é crucial para sabermos as alternativas de goberno ás que terá que enfrontarse o presidente Macron cando decida escoller o novo primeiro ministro.
Até agora, 34.000 gazatís asasinados -a maior parte deles, mulleres e nenos-, 76.000 feridos e 11.000 desaparecidos. O exército israelí ten lanzado máis explosivos sobre eses 321 kilómetros cadrados que os contidos nas bombas nucleares que arrasaron Hiroshima e Nagasaki na segunda guerra mundial.
Malia a propaganda interesada, non estamos ás portas dunha terceira guerra mundial. Pero si que nos atopamos inmersos nunha primeira guerra mundial da información (ou da desinformación). A información como arma de guerra nos escenarios en conflito de Ucraína e Gaza. E tamén como arma política en escenarios nos que a desinformación, as ameazas á liberdade de prensa e os bulos adquiriron carta de cidadanía nas loitas polo poder. Por caso, na España de Ayuso e do PP.
A.G. Sulzberger, editor dun dos xornais máis influíntes do mundo, o The New York Times, concedeulle a Reuters unha longa entrevista na que se manifesta sobre todos e cada un dos grandes retos aos que se enfrontan os medios e tamén o xornalismo. Reproducímola aquí para subscritores e subscritoras de Tempos Dixital.
A.G. Sulzberger, editor dun dos xornais máis influíntes do mundo, o The New York Times, concedeulle a Reuters unha longa entrevista na que se manifesta sobre todos e cada un dos grandes retos aos que se enfrontan os medios e tamén o xornalismo. Damos conta de algunhas das súas afirmacións máis significativas da conversa que reproducimos na súa integridade na sección Observatorio de Medios /Área privada.
Se antes non se produce un maremoto, Putin terá ben aseguradas as chaves do Kremlin ata o 2030. Con que oposición? Manterán as elites rusas o grao de adhesión que lle seguen profesando? Para responder a esas preguntas, recollemos as respostas que dan nunha ampla entrevista en Le Grand Continent dous recoñecidos politólogos críticos con Putin e o seu mandato á fronte do Kremlin, Alexandre Kynev e Andrei Kolesnikov, que siguen pese a todo residindo en Moscova.
Non se detén a escalada de morte e destrución en Gaza por parte do exército israelí. Porén, Netanyahu non parece estar conseguindo o seu obxectivo: borrar do mapa a Hamas. Preto de nós, Francia convértese no primeiro país do mundo en blindar o dereito ao aborto na Constitución. Mentres, no outro lado do Atlántico, Donald Trump afiánzase na súa carreira cara unha nova investidura presidencial e, no caso de conseguilo, a da prohibición do aborto é unha das dez grandes medidas que podería utilizar para darlle unha volta de porca aos Estados Unidos de Biden.
Tras case dous anos de guerra a gran escala, a liña da fronte en Ucraína xa non se move. O enfraquecemento do apoio militar occidental está a forzar a Kiev a unha guerra de desgaste, mentres que Putin puxo a Rusia nunha economía de guerra. Como se está desenvolvendo esta nova situación na fronte? Un repaso ás principais fases da guerra desde febreiro de 2022.
O goberno e o exército de Israel manteñen a súa masacradora folla de ruta en Gaza. Que sucederá tras a operación militar israelí en Gaza? Velaí a pregunta que esixe unha resposta inmediata. Para deter a violencia, cómpre que nos preguntemos como debe rematar esta barbarie.