Se antes non se produce un maremoto, Putin terá ben aseguradas as chaves do Kremlin ata o 2030. Con que oposición? Manterán as elites rusas o grao de adhesión que lle seguen profesando? Para responder a esas preguntas, recollemos as respostas que dan nunha ampla entrevista en Le Grand Continent dous recoñecidos politólogos críticos con Putin e o seu mandato á fronte do Kremlin, Alexandre Kynev e Andrei Kolesnikov, que siguen pese a todo residindo en Moscova.