Chamamos fanfic ou simplemente fics ás ficcións escritas por alguén que é fan dunha obra anterior (novela, película, serie…) na que o novo texto se basea. O fenómeno, cuxa orixe hai quen sitúa no culto ao Sherlock Holmes de Conan Doyle, está experimentando, nas primeiras décadas deste século XXI, un considerable éxito de produción e consumo, especialmente entre adolescentes e mulleres novas.