O diario El País sorprendía recentemente cunha portada dominical na que afirmaba taxativamente que Europa estaría preparándose para unha posible guerra contra Rusia, e nun editorial demandaba unha pedagoxía política para concienciar á cidadanía europea ao respecto. Porén, o diario español non é o único dos grandes rotativos europeos que recargaron as súas axendas con ese desacougante aserto informativo. O autor deste artigo apunta a que poderíamos estar inmersos nunha campaña probélica.