Non se detén a escalada de morte e destrución en Gaza por parte do exército israelí. Porén, Netanyahu non parece estar conseguindo o seu obxectivo: borrar do mapa a Hamas. Preto de nós, Francia convértese no primeiro país do mundo en blindar o dereito ao aborto na Constitución. Mentres, no outro lado do Atlántico, Donald Trump afiánzase na súa carreira cara unha nova investidura presidencial e, no caso de conseguilo, a da prohibición do aborto é unha das dez grandes medidas que podería utilizar para darlle unha volta de porca aos Estados Unidos de Biden.