Hai case dúas décadas, os prestixiosos urbanistas Nuno Portas e Juan Luís Dalda lamentaban a falta de planificación do territorio galego. Unha visión que resulta aínda hoxe plenamente vixente cando seguen en vigor varias leis que xa ordenan o litoral, ademais das estatais de costas, de portos, e de cambio climático e transición ecolóxica, coas que o anteproxecto de Lei do Litoral que se discute hoxe entra en colisión. [Un artigo de Xosé Allegue e Esperanza Costa]
Na última Encuesta de Características Esenciales de la Población y las Viviendas do Instituto Nacional de Estadística (INE) conclúese que os que falan sempre ou con frecuencia en castelán en Galicia superan por primeira vez aos que fan uso exclusivo ou preferente do galego. E, fronte ao silencio co que adoita tratarse o devalo social da lingua galega, neste caso o dato tivo repercusión nos medios, mesmo nos que na súa práctica habitual non mostran ningún interese por este idioma.
O pasado novembro tivo lugar no Exipto a 27º edición do cumio climático anual (a COP 27). Mais o futuro do clima non se xoga só nos cumios da ONU, senón tamén dentro de cada país. En Galicia, o colapso do carbón na xeración eléctrica e a COVID-19 provocaron unha queda das emisións. Mais aínda estamos lonxe dos recortes necesarios para contribuír a non exceder os 1,5⁰C de quecemento global. [Un artigo de Xosé Veiras]
Son moitas as achegas dos ecosistemas ao noso benestar que non se poden substituír con tecnoloxía ou que son directamente insubstituíbles. O valor dos servizos dos ecosistemas (SE) adoita estar ausente nas decisións sobre a explotación de recursos naturais e usos do solo, e nas accións que os comprometen. Isto é debido, en parte, ao descoñecemento do valor destas achegas e ás dificultades para incluír ese valor na xestión do territorio. [Un artigo de Carmela García González]
A psicóloga clínica Rosa Cerqueiro e outros recoñecidos doutores da súa especialidade veñen demandando a través do Movemento Galego de Saúde Mental políticas públicas que sirvan para afrontar o deterioro da saúde mental deixado pola pandemia. Polo de agora con escaso éxito. Rosa é a súa portavoz, e con ela falamos sobre as causas que inflúen negativamente no estado anímico do país.
Quen interprete que o movemento pacifista existe en función da súa capacidade movilizadora puntual, diante da guera e das guerras, dos conflictos armados concretos, dos máis mediáticos ate os esquecidos e silenciados, probablemente considere que o pacifismo está morto. O pacifismo hoxe está máis presente en ámbitos novos e ben diversos, nas institucións, nas declaracións internacionais, na Investigación e na Educación para una Cultura de Paz, na sociedade, nas escolas e no ensino, nas ONGs, no pensamento, ou no rexeitamento da violencia.[Un artigo de Manuel Dios Diz]
Dun ano a esta parte, tivemos coñecemento dunha enquisa do Instituto Sondaxe para La Voz de Galicia na que se abordaba a cuestión do estado anímico dos galegos e galegas. Os resultados publicados eran a un tempo excelentes e asombrosos. Se o 24 de outubro de 2021 se informaba de que 9 de cada 10 residentes na Comunidade se consideraban felices, o 6 de marzo de 2022 esa cifra baixaba levemente para quedármonos cun 86% de cidadanía feliz. En calquera caso, un éxito rotundo como sociedade. [Un artigo de Marcos Lorenzo]
A lei que avoga por abolir a prostitución pasou o seu primeiro trámite no Congreso e continúa no seu camiño cara á súa aprobación. A autora deste artigo, defensora da abolición, vai máis alá do estritamente legal para contextualizar o fenómeno social da prostitución na industria do sexo e na maneira deturpadora de abordala que teñen os medios de comunicación. [Un artigo de Isabel Menéndez]
Como dixo Lucy Lippard, viaxar parece ser hoxe un “imperativo social” e todo lugar quere ter a súa propia atracción turística, por insignificante e banal que sexa en realidade, e aínda que teña que inventala. O crecemento global do turismo foi tan extraordinario nas últimas décadas, que en moitos lugares xa deixara de ser visto como a panacea do desenvolvemento cando a pandemia detivo, de súpeto, unha maquinaria que parecía imparable. [Un artigo de Iago Lestegás]
A de Carlos Amoedo Souto é unha das voces recoñecibles que, dende o mundo do Dereito, se escoita cando se analiza a problemática dos parques eólicos en Galicia. Catedrático en Dereito Administrativo pola UDC, é un dos asinantes do informe do Consello da Cultura Galega que a finais do pasado ano urxiu a revisar o Plan Sectorial da Xunta e paralizar, no ínterim, a instalación de novos parques. [Unha entrevista de Francisco Cortez-Lobão Sineiro]
A Lei Orgánica de Garantía Integral da Liberdade Sexual vén de ser aprobada no Congreso logo de meses de polémicas diversas, de carácter tanto político como xurídico, incluso entre os dous partidos que compoñen o goberno de España. Votaron non só as 140 deputadas e deputados do PP (88) e de VOX (52), houbo tres abstencións da CUP (2) e PRC (1), e votaron si as 201 dos restantes grupos da Cámara. [Un artigo de Ana Luísa Bouza]
A vaga incendiaria destes días devólvenos á realidade dunha das lacras que máis ameaza a nosa biodiversidade e unha das fontes máis importantes da nosa riqueza. Como facerlle fronte? O articulista desafía os mantras (como o das tramas) coas que enmascaran a raíz do problema, e aposta por alternativas de fondo: electricidade verde xerada con biomasa recollida nos montes, gastar menos no negocio do lume e en vicios de novos ricos (Xacobeos, Gaiás...), e crear emprego decente nunha outra transición enerxética. [Un artigo de Albino Prada]
Como fixera Umberto Eco hai cincuenta anos, o economista e ensaísta aporta argumentos cos que xustificar de novo, a día de hoxe, un paralelismo cos colapsos sociais que caracterizaron a vella Idade Media. Neste caso, en clave de alta tecnoloxía, que sería a que está provocando disfuncións, e en clave alimentaria. [Un artigo de Albino Prada]
Como continuación do informe presentado en Tempos Dixital recentemente sobre a situación da protección social en Galicia no contexto de España no ano 2020, o economista e ensaísta Albino Prada aporta agora a actualización para o ano 2021 utilizando a mesma fonte. Os datos son contundentes: Galicia ten un suspenso absoluto en protección social. O que Feijóo deixa tras a súa espantada vía Madrid é alarmante. [Un artigo de Albino Prada]
Na arquitectura dese país posible que tentamos definir a Universidade é o forxa de ideas, de investigación e pensamento crítico sen a que dificilmente eses sectores poderían ter capacidade para adaptarse aos cambios e transformacións que removen modelos e prioridades de sociedades. Que universidade precisamos para non desperdiciar o que pode dar de si esa forxa, musculando o corpo social e produtivo do país, e coproducinco ao tempo identidade e riqueza? Velaí o obxectivo deste debate.
O audiovisual constitúe un espazo específico do universo cultural. Proponse, tamén, como ferramenta útil dar a coñecer a particular maneira de estar no mundo, de asentar unha identidade propia e de facela visible. O ecosistema audiovisual galego presenta unha diversidade de propostas conceptuais e de fórmulas estéticas e narrativas que pulan por facerse un oco, ben sexa, por simplificar, a través do cinema de xénero ou ben da autoría e a experimentación. [Un artigo de Fernando Redondo]
O conxunto de España pode volver a ser gobernada pola dereita neoliberal que leva facéndoo en Galicia dende hai moito tempo. Paga a pena facer balance da súa xestión en Galicia para que por España adiante teñan un espello no que mirarse. Non todo vai a ser imaxinar a Galicia co Xacobeo, a Cidade da Cultura, as regatas de Sanchencho ou a Next Generation. [Un artigo de Albino Prada]
Un cuarto de século despois, a expansión do modelo de granxas industriais ao largo e ancho da chaira limiá sobrepasou tódolos límites. A estas alturas, a degradación do ecosistema por mor dunha pésima xestión e falta de control dos puríns é escandalosa. E os estudos científicos sobre as condicións de salubridade das augas son demoledores. [Un informe de Serafín González]
Sempre ten a linguaxe unha sobrecarga de significados cos que poder enmascarar realidades inxustas. É a través da linguaxe e dos procesos comunicativos que a fan operativa como a lacra social do machismo mantén engraxada e activada a súa capacidade supremacista. Falamos entón de violencia simbólica, tan corrosiva. Pero sobre a que aínda non están suficientemente orientados os focos da denuncia e da reivindicación. [Un artigo de María Xosé Porteiro]
As aulas empezaron un nove de setembro e o dezasete estrenouse a nova versión de Dune, que quere deixar atrás o universo Lynch no que hai tempo que semellamos sobrevivir. O nove, ironicamente, tamén foi o día no que eu entreguei este artigo para a súa publicación. De xeito irónico sei que o futuro non está escrito. [Un artigo de Anna R. Figueiredo]
Tempos Dixital utiliza cookies para optimizar la experiencia de usuario. Puedes permitir su uso o rechazarlo, también puedes cambiar su configuración siempre que lo desees.AceptarLeer más
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.