Unha conversa con Borxa Colmenero, doutor en dereito, académico e avogado que, despois de publicar Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime (Laiovento, 2017), vén de presentar o seu segundo ensaio titulado O goberno neoliberal da vida (Axóuxere, 2023). Nel aborda o neoliberalismo dende unha perspectiva heterodoxa, dando lugar a moi estimulantes reflexións sobre como se desprega esta forma de goberno nas sociedades actuais e como incide no noso día a día. Sobre esa temática, e sobre outras cuestións como as relativas a dereitos civís ou as centradas na universidade pública, intercambia ideas co profesor de Dereito Procesal e analista, David Soto.
![Borxa Colmenero, ensaísta: “O neoliberalismo converte a sociedade nun inimigo”](https://temposdixital.gal/wp-content/uploads/2024/07/BORXA_COLMENERO-1-e1721293209375-1080x675.jpg)