O currículo da educación pública recolle a atención especializada, pero non se dota aos centros educativos de recursos materiais e humanos para facelo. Promóvense iniciativas de integración temperá na idade, pero non se arroupan as iniciativas laborais que apostan pola integración. As políticas de igualdade seguen sufrindo o desleixo da Xunta de Galicia.