Global
Nós, a OTAN, Ucraína e Rusia

Nós, a OTAN, Ucraína e Rusia

Recuperamos unha análise feita hai un ano neste mesmo medio a propósito da guerra entre Ucraína e Rusia. Cobra nova actualidade diante das, a cada paso, máis altas probabilidades de que derive nun conflito global nuclear (entre Rusia e a OTAN).

Por que Netanyahu non quere parar o xenocidio en Gaza

Por que Netanyahu non quere parar o xenocidio en Gaza

Benjamin Netanyahu está acusado de corrupción polo Fiscal Xeral de Israel en tres casos separados que inclúen suborno, fraude e abuso de confianza. O Fiscal acúsao de aceptar obsequios de empresarios ademais de conceder favores para tratar de obter unha cobertura de prensa mais positiva. Unha situación que leva a pensar que Netanyahu está utilizando a invasión de Gaza, a guerra contra os palestinos, para atrasa-lo seu xuízo, pois canto máis dure a guerra máis tardará en celebrarse.

Estamos volvéndonos tolos?

Estamos volvéndonos tolos?

Unha guerra, entre a OTAN e Rusia, dado o arsenal nuclear en poder de Rusia, levaríanos ao holocausto final. Cómpre para-la guerra en ben do pobo ucraíno, que é a principal vítima da contenda, e negociar con Rusia. Unha negociación que parta do dereito de Ucraína a recuperar todo o seu territorio pero sendo conscientes de que, dada a correlación actual de forzas, só será posible unha paz a cambio de territorios.

Un mundo trémulo

logo-tempos-exclusivo Un mundo trémulo

O mundo da posguerra fría entra en 2024 nun acelerado proceso de fragmentación e descomposición con grandes retos para a economía, a sociedade e a gobernanza internacionais. A crise dos sistemas democráticos podería recibir novos impulsos coa promoción de líderes e formacións de signo ultraliberal e autoritarios, consolidándose os espazos de inestabilidade ata nos países centrais do sistema global.  

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo