Luns, Abril 22, 2019

Home Comunicación e Tecnoloxía Vitaminas para o Galego organiza un festival artístico

Vitaminas para o Galego organiza un festival artístico

Esta noite celébrase o festival artístico de Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, entre eles Tempos Dixital. O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina.
As entradas poden mercarse no Centro Social A Gentalha do Pichel, onde será o concerto ás 22 horas, e na Casa das Crechas e no Restaurante Rúa por 5 euros.  Tamén haberá unha fila cero para os que queiran colaborar aínda máis coa campaña.

No mesmo festival darase conta do proxecto en marcha de cara ao evento do 17 de maio, que Vitaminas para o Galego está preparando co gallo do Día das Letras Galegas. A actuación é a primeira iniciativa da segunda fase da campaña, lanzada este inverno. A primeira fase logrou duplicar o obxectivo de recadación inicial, inxectando 6.800 euros grazas a colaboración de case 200 mecenas.

Novedades