Sábado, Abril 20, 2019

Home Activismo e Sociedade Sumario Tempos Novos

Sumario Tempos Novos

TEMPOS NOVOS nº 254 (Xullo 2018)

 

Informe DELIRIO XUDICIAL

TEMPOS NOVOS analiza neste número de xullo as zonas de sombra dos tribunais do Estado e a súa influencia no devir político, así como os delitos que, desde a perspectiva legal europea, supoñen unha vulneración do dereito á liberdade de expresión individual. Neste sentido, o informe que asina David Soto Díaz aborda tamén o papel que o Tribunal de Estrasburgo pode ter neste ámbito.

 

Septenio negro con sorpresas

O ensaísta e analista Justo Beramendi ofrécenos baixo este título a súa habitual crónica política, nesta ocasión centrada nos sete anos de Mariano Rajoy como presidente do Goberno, mentres que Manuel M. Barreiro analiza en Entre expedientes negros e uvas amargas as primarias/guerra interna do PP trala renuncia de Núñez Feijoo a postularse como candidato.

 

Entrevista

Este mes, o xornalista Luís Villamor fala para os lectores e TN  co filósofo e xornalista Josep Ramoneda, quen , entre outras moitas cuestións, reflexiona sobre a influencia das novas tecnoloxías no xogo político.

 

Ademais, este mes a revista ofrece, como vén sendo habitual, as seccións ARGUMENTA (este mes adicada ao “Fútbol como espazo sagrado), CULTURA (con varios contidos, entre eles unha entrevista á directora de fotografía Lucía Catoira) e, porsuposto, PROTEXTA, cos libros do mes e unha entrevista á poeta Lupe Gómez. Iso sin esquecernos da música, cine, banda deseñada, teatro, series e cinema de MASA CRÍTICA ou as VIDAS WASSAP e o GABINETE DE CURIOSIDADES das poetas María Lado e Alba Cid, respectivamente, entre outros moitos contidos que cómpre ler neste primeiro mes do verán.

Novedades