Mércores 30, Novembro 2022
HomeActivismo e SociedadeQUE FOI DO PACIFISMO?

QUE FOI DO PACIFISMO?

por Manuel Dios Diz

“La paz es mucho más que una toma de postura, es una auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar el planeta, un modo de ser persona.”  Maria Zambrano

Quen interprete que o movemento pacifista existe en función da súa capacidade movilizadora puntual, diante da guera e das guerras, dos conflictos armados concretos, dos máis mediáticos ate os esquecidos e silenciados, probablemente considere que o pacifismo está morto.

Certo que houbo grandes movementos de oposición e mobilizacións diversas, de características e intensidades ben distintas, diante das guerras mundiais, Corea, Vietnam, ou en contra do despregue dos euromisís norteamericanos en Europa nos anos ‘ 80, no referéndum contra da OTAN en España, respecto do conflicto dos Balcáns ou contra das invasións de Afganistán e Irak, moi particularmente no ano 2003, unhas movilizacións que foron globais. Pero non foi igual en tódolos casos, nen coa mesma intensidade ou estensión. Como non o é na actualidade en relación con conflictos enquistados, esquecidos ou ocultos para os grandes media, como son os casos de Palestina, o Sahara, Kurdistán, Siria, Libia, Iemen ou – agora mesmo -respecto da inaceptable invasión rusa da Ukraína.

O pacifismo hoxe está máis presente en ámbitos novos e ben diversos, nas institucións, nas declaracións internacionais, na Investigación e na Educación para una Cultura de Paz, na sociedade, nas escolas e no ensino, nas ONGs, no pensamento, ou no rexeitamento da violencia.

Os conflitos tampouco foron nen son iguais. A súa orixe, características, actores e desenvolvemento son moi distintos. As respostas movilizadoras do movemento pacifista tamén, entre outras razóns porque o pacifismo non é unívoco, non responde militarmente a un Comité Central que decide todo. Desde a sua orixe, da antigüidade até hoxe, o pacifismo revistíu e reviste formas e características ben distintas, na súa propia definición e variables propias como un movemento social vivo que é. Sen embargo, na miña humilde opinión, o pacifismo hoxe está máis presente en ámbitos novos e ben diversos, nas institucións, nas declaracións internacionais, na Investigación e na Educación para una Cultura de Paz, na sociedade, nas escolas e no ensino, nas ONGs, nas relacións humanas e de convivencia, na vida cotiá, no pensamento, ou no rexeitamento da violencia como forma de afrontar os conflictos humanos en tódalas súas formas.

E claro que hai demos, sí, aqueles que levamos dentro do noso propio corazón, os únicos que existen, como dicía Gandhi, pero cada un de nós somos tamén os anxos que levamos dentro como sostiña Steven Pinker, con quen coincido plenamente.

O pacifismo, para sorte de todos e todas, está vivo, creo que máis vivo que nunca, noutros espazos como dixen, aínda que falte un pouco máis, certamente, para que a abolición xurídica das guerras sexa una realidade e os Dereitos Humanos un código universal auténtico e de obrigado cumprimento, como a liña do horizonte cara onde seguir camiñando, con independencia dos momentos puntuais, máis ou menos movilizadores, sexa contra Reagan, contra Bush ou agora mesmo contra Putin.

Certo que o militarismo e os orzamentos para a destrucción (seguridade din algúns) “armas pola paz” din outros, que bárbaro sen sentido!, avanza na maioría dos estados especialmente aqueles que son, curiosamente, os principais produtores ou exportadores de armamento e con dereito a veto no Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Aumentan extraordinariamente os orzamentos militares, medra o belicismo, o uso da forza, as guerras interpostas, híbridas, en función dos obxectivos e de intereses que non teñen a paz no horizonte senón o de desputar a supremacía e a hexemonía a escala planetaria e que fan, por exemplo, que Antonio Guterres, Director Xeral de Nacions Unidas, berre no deserto, con desesperación, que estamos a un tris, dun erro, un malentendido, dunha guerra nuclear que, moi probablemente, sexa a derradeira, a da aniquilación total. Quizáis por iso, ainda que só sexa por iso, o pacifismo, os e as pacifistas son imprescindibles.

Ou é que estamos distraídos?


Manuel Dios Diz é mestre,  profesor xubilado, fundador e ex-presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz. Foi presidente de AIPAZ e director da Fundación Cultura de Paz.

[td_block_7 f_header_font_transform="uppercase" ajax_pagination="next_prev" sort="" category_id="" custom_title="Novidades"]