No auxe do alugueiro a curto prazo (pisos turísticos), están tendo unha intervención decisiva as plataformas online. Así estamos vendo como medra a oferta de vivendas privadas de uso turístico que se comercializan a través destas plataformas dixitais, xa que permiten unha moi alta rendibilidade ao reducir grandemente os custos. Unha expansión que ten como contrapartida tanto a “xentrificación” e a conseguinte desnaturalización dos espazos urbanos, que están experimentado unha crecente perda de calidade do hábitat, como un encarecemento dos prezos de adquisición ou de alugueiro de vivenda a longo prazo que veñen provocados pola a caída da oferta e que nalgunhas cidades galegas poden chegar ao 40%. Unha expansión dos pisos turísticos que ten lugar nun marcado inmobiliario onde a escaseza de vivenda en propiedade ou en alugueiro a prezos accesibles é unha constante derivada da ausencia de alternativas habitacionais. Unha situación que se viu agravada polos constantes desafiuzamentos (entre 10 e 12.000 anuais) que teñen lugar logo do estoupido das burbullas inmobiliaria e crediticia.



Recoñecemento facial automático para usos policiais: fiable e neutral?




O Opus Dei, no seu purgatorio

![[ENTREVISTA] Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica](https://temposdixital.gal/wp-content/uploads/2023/06/ROSA_CERQUEIRO-1.jpg)





