Os Presupostos Xerais do Estado confirman a retallada a Cooperación que anunciaba hai unhas semanas o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo. O recorte é de 1389 millós de euros, unha redución do 47,6%. Pero, non é a primeira baixada como apunta Maika Beltrán, responsable de Intermon Oxfam en Galicia, “nos últimos dous anos a axuda española xa se reduciu en máis dun 60%”.A presidenta da Coordinadora ONG para o desenvolvemento España, Mercedes Ruiz-Giménez, califica de “mortales” os recortes porque poñen en perigo a continuidade da maioría das accións de cooperación para o desenvolvemento. “Ata agora puidemos chegar a colaborar con preto de 82 millóns de persoas en situación de pobreza extrema e en situacións de alto risco de exclusión”, asegura.
[quote style=”boxed” float=”left”]Nos últimos dous anos a axuda española, reduciuse en máis dun 60%[/quote]
Ademais a retallada está acompañada dunhas polémicas declaracións de García-Margallo nas que afirmaba que “recortar en cooperación é unha opción extremadamente dolorosa, pero a outra opción, ao mellor, é recortar pensións ou pechar ambulatorios”. María Paz, vicepresidenta da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, considera que as declaracións do ministro “están feitas con mala fe”, “xa que é os fondos para cooperación son mínimos e a súa redución non afecta ás partidas de educación ou sanidade”. “Ademais son unhas declaracións perigosas porque prioriza unhas persoas sobre outras, aos ricos sobre os pobres”, puntualiza.
Os recortes en Galicia
En Galicia, aos recortes nos orzamentos do Estado hai que engadirlle os sufridos o ano pasado nas axudas ao desenvolvemento da Xunta de Galicia. En xuño de 2011, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza recortou 2,27 millones de euros, o que representa o 43% das convocatorias iniciais. “Eliminouse totalmente a axuda humanitaria de emerxencia e os proxectos para cooperación reducíronse á metade”, explica María Paz.

Esta retallada foi a segundo o ano pasado, xa que en xaneiro xa se recortara nun 21%. “O ano pasado produciuse unha situación particular, cando estabamos esperando a resolución da axuda para a cooperación internacional, en maio de 2011, saiu publicada unha orde na que se reducían os fondos de novo”, sinala María Paz.
Este recorte supuxo que moitas organizacións que podían optar as axudas quedaron fora da convatoria por falta de crédito orzamentario. Foi o caso de Intermom Oxfam, Arquitectos sin fronteras, Manos Unidas, Educación sin fronteras, A Cova da Terra, Asociación AIDA, Fundación para el Desarrollo de la Enfermería-FUDEN, Solidaridade Internacional de Galicia, Asociación para la Cooperación con el Sur-ACSUR, CUCO Galicia, ISCOD e Asociación Chelonia.
Alfonso Rueda, o Conselleiro de Presidencia, mantén, polo momento, os orzamentos reducidos de 2011, para este ano, como se compromeu coa Coordinadora Galega de ONG nunha reunión o ao pasado. A pesar deste compromiso, Paz insiste en que “estamos precupados polo precedente do ano anterior, no que baixáronse uns días antes da resolución da axuda”.
Lonxe do 0,7%
Estas baixadas tanto nos Presupuestos Xerais do Estado como nos da Xunta alonxan todavía máis o compromiso do 0,7% do PIB ao desenvolvemento tanto do goberno español como do parlamento galego. Ruiz-Giménez resalta que “a ruta do 0,7% en España está interrompida e en retroceso desde os recortes á cooperación dos anos 2010 e 2011”. “Os PGE do 2012 alónxanos ainda máis dos compromisos internacionais suscritos e o Pacto de Estado contra a pobreza”, explica a presidenta da CONDGE.
En Galicia, o recorte da Xunta de xuño de 2011 foi dobremente penoso. Primeiro, porque colleu por sorpresa as ONGD galegas e segundo, porque ocorreu uns días despois de que os partidos galegos con representación parlamentar asinasen o Pacto Galego contra a Pobreza, no que se comprometían a chegar ao do 0,7% para o ano 2017. María Paz di que os obxectivos da Coordinadora galega de ONG segue sendo chegar ao 0,7%, aínda que, na actualidade, só sexa o 0,06% do orzamento galego.
Afogando as ONGD galegas
Todas estas cifras, tradúcense nun afogamento das organizacións galegas. A Cova da Terra relata como despois de concederlles en 2010 unha axuda a Xunta para levar a cabo un proxecto de sensibilización tiveron que afrontar problemas de financiamento. “Despois de executalo tardaron moitísimo en pagarnos co que a asociación se descapitalizou e tivemos que pedir un préstamo para facer frente os gastos ordinarios da organización”, explican desde a Cova da Terra.
[quote style=”boxed” float=”left”]A maioría das ONGD diminuiron o número de persoas contratadas nos últimos dous anos[/quote]
Nos dous últimos anos pecharon en Galicia a delegación de Acción contra a Fame, que tiña sede desde os anos 90, e Paz e Desenvolvemento. Segundo a Coordinadora Galega, “a grande maioría das ONGD reduciron o número de persoas contratadas nos últimos dous anos” a atribúeno á diminución dos fondos públicos destinados a cooperación e as achegas privadas. “Unha boa parte dos contratos laborais están vinculados a proxectos específicos, cando os proxectos non se financian, as persoas non poden ser contratada ou mantidas na estrutura da organización”, sinalan.
Alternativas para seguir traballando
A baixada das partidas a cooperación nos últimos anos leva ás ONGD a demandar outras vías para financiar os programas de desenvolvemento. Intermon Oxfam promove unha campaña en prol da Taxa de Transaccións Financieiras coa que “recadaríanse máis de 300.000 millóns de euros cada ano”. Como explica Beltrán, “esta taxa aplicaríase ás operacións financieiras non minoristas, intercambio de accións, bonos, derivados financieiros ou operacións en divisas”.
[quote style=”boxed” float=”right”]Coa Taxa de Transaccións Financieiras recadaríanse máis de 300.000 millóns de euros cada ano[/quote]
“O 80% destas transaccións son operacións esencialmente especulativas, totalmente á marxe das transaccións produtivas”, sinala.
Polo momento, as ONGD galegas seguen traballando grazas as aportacións privadas. Desde a Cova da Terra aseguran que “a decisión da organización é levar a cabo proxectos que se poidan desenvolver cos recursos propios da organización, fundamentamente, proxectos de sensibilización que se poden levar a cabo con recursos mínimos, voluntariado e colaboracións con outras organizacións”.