Cristóbal Medeiros Fernández, natural de Verín, é un dos membros que integran a Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (Brif) de Laza. A función deste tipo de brigadas, dependentes do Ministerio de Medio Ambiente, é a de prestar apoio ás Comunidades Autónomas na loita contra o lume. Creáronse en 1992, existen dez en toda España e son o único equipo de extinción enfocado a traballar en todo o territorio grazas á súa grande mobilidade. O seu traballo leva aparellado moito risco pois acoden, sobre todo, ós incendios máis complicados. Malia todo son unha unidade de acción máis ben descoñecida pola poboación. Este foi o motivo polo que Cristóbal decidiu abrir unha conta de Twitter @BrifLaza para mostrar o seu traballo. Foi unha das contas grazas ás cales se puido saber algo do incendio que asolou as Fragas do Eume mentres a comunicación gubernamental era inexistente. Cristobal partillou con Tempos Dixital a súa experiencia nas no incendio que asolou a xoia de fraga atlántica mellor conservada de Euro
¿Cando vos retirastes para a base?
Marchamos o domingo a última hora, e xa non había previsión de que o lume se volvera avivar.

¿Cal era a situación do lume cando vós fostes?
Cando nos fomos quedaban puntos ao oeste do incendio. Algún punto cativo que non debería ter perigo, pero que a aquela hora non estaba aínda controlado.
¿Como era o dispositivo para facerlle fronte ás lapas?
Cando chegamos, ás seis da tarde, o incendio comezou contra as dúas, non había moitos efectivos, ou a min non mo pareceu, e estaban un pouco perdidos, non sabían nin que medios tiñan. Logo xa activaron a UME (Unidade Militar de Emerxencias) e chegaron máis brigadas e máis medios. Pero o certo é que nun incendio desas características non hai moito que facer. O incendio foi feito a propósito para facer dano porque se encendeu xusto co vento a favor.
-¿Consideras que foi boa a coordinación?
Nese tipo de lumes a coordinación non é moi boa, e ás veces brilla pola súa ausencia. Nós adoitamos poñernos ás ordes do director de extinción, aínda que moitas veces, ao non depender da Comunidade podemos actuar pola nosa conta. Rematamos os meus compañeiros mais eu esgotadísimos. As ordes que tiñamos eran de defender as poboacións, nada de apagar o incendio. Ao día seguinte si que xa tivemos que ir perimetrando e apagando. Pola noite quedaron brigadistas, nós estivemos ata as once da noite. Aí é cando mellor se pode apagar porque é cando baixan as temperaturas
-¿Era suficiente a limpeza da zona?

Limpeza non había ningunha. Agora xa é tarde para facer nada, había que ter unha prevención e xente limpando. A posteriori por moitos medios dos que dispoñas, xa non te podes achegar polas dimensións que colle o incendio. Os medios aéreos cando hai moito fume nin sequera se poden achegar, descargan a cegas
-¿Que opinión che merece a información que ofreceu o goberno durante as primeiras horas?
A información foi escasa. Eu fixen o Twitter a noite anterior, coa idea de dar a coñecer o noso traballo, porque as Brif levan 20 anos existindo e non aparecemos por ningures. Por iso o Twitter. A raíz da información dada do incendio das Fragas e das fotos que subimos contamos cuns 13oo seguidores. Vouno seguir mantendo para aconsellar e mostrar todo o que facemos.