Domingo 1, Outubro 2023
HomeActivismo e SociedadeCOVID-19: RESIDENCIAS INDECENTES, MORTES INDIGNAS

COVID-19: RESIDENCIAS INDECENTES, MORTES INDIGNAS

por Albino Prada

Médicos sen Fronteiras (MSF) ven de facer público o seu informe sobre o desastre sanitario e humanitario das residencias de maiores en España durante a crise do Covid-19 cun título demoledor: “El inaceptable desamparo de los mayores en las residencias durante la COVID-19 en España”.

Certo que xa antes puidemos seguir de xeito especialmente preciso o día a día desta vergoña nacional da man do xornalista Manuel Rico e os seus documentados informes, xunto coa contundente análise que no seu momento publicara en infoLibre o doutor Vázquez Vizoso (ver eiquí).

Sairíame do me campo profesional se entrase nos aspectos médicos ou sanitarios que centran o informe de MSF. E, aínda que os seus autores deixan ben claro que “no hablamos por tanto de recomendaciones estructurales o de cambios de modelo (que no son sujeto del trabajo de MSF), sino del impacto que el modelo actual tiene en la salud de este colectivo” (páxina 74), seméllame do máximo interese recoller aquí o que si se di no informe sobre o modelo de residencias español e das súas letais consecuencias sanitarias no contexto desta pandemia.

De entrada, e fareino enfiando citas textuais do informe citado, chama a atención que o modelo español de residencias de maiores virase de cheo cara a propiedade e/ou xestión privada fronte a pública. Cun dominio privado –nada menos que do 85 % das prazas- que o informe asocia co deterioro da calidade asistencial (por caso para a anticipación e precaución fronte a unha pandemia)

Porque “el sector de las residencias está cada vez más dominado por proveedores privados con ánimo de lucro… existe una preocupación generalizada por la disminución de los estándares de calidad como resultado de los esfuerzos para contener los costes y generar los márgenes de beneficio esperados” (páxina 33). O que explica que “la mayoría de las residencias estuviesen casi al 100 % de su capacidad al comienzo de la crisis” (páxina 40), situación que trouxo de seu, en plena crise, “dos dificultades principales para la ejecución de las medidas de sectorización y aislamiento: la inadecuación de infraestructuras y espacios, y la alta ocupación de las residencias” (p. 39).

Un dominio privado asociado a unha moi cativa oferta pública de calidade (un desequilibrio no que en Galicia imos en cabeza) que favorece un mercado capturado pola oferta privada de baixa calidade médico-sanitaria, cousa que “les ha permitido cobrar más por cada plaza, generando largas listas de espera para las residencias públicas con atención médica o de enfermería durante las 24 horas” (páxina 45). Un dominio que tamén favorece a precariedade laboral e un maior risco de contaxios, xa que “el personal encargado de estos cuidados entra y sale de las residencias y a menudo trabaja en varios lugares, debido a la precariedad laboral, lo que aumenta la posibilidad de contraer y propagar el virus entre diferentes centros” (páxina 29). Ao que debe engadirse a “presión mercantil sobre los procedimientos, que conduce en muchos aspectos a la indefinición, así como a la indefensión de los residentes y familiares cuando se produce una falta de atención sanitaria adecuada” (páxina 37).

Como ben se observa, estamos diante dunha bomba de reloxería, unha situación que pon ben as claras as non pequenas contradicións entre saúde pública e marxes de beneficio privado. E será sobre esta base explosiva que outros moitos factores de saúde pública –internos e externos ás residencias- funcionaron moi mal, tal como se revisa no informe polo miúdo (e se resume nas súas páxinas 66-67 e 72-73), dando o resultado dunha tormenta perfecta.

Por citar só un exemplo sinistro: “Denegar la derivación hospitalaria sin ofrecer una alternativa viable adecuada podría incurrir en una omisión del deber de socorro, que actualmente varios tribunales están estudiando” (páxina 50), sendo así que “un 44% de las personas mayores que se contagiaron en las residencias nunca fueron derivadas a un hospital y fallecieron en sus centros” (páxina 51), mesmo malia que en “hospitales, centros sociosanitarios, extensiones hospitalarias, hoteles “confort” o medicalizados u hospitales privados, en todos estos lugares, hubo plazas libres incluso durante las semanas del pico epidemiológico” (páxina 56); por non falar dos recursos sanitarios ceibes en CC.AA. menos afectadas.

Dou xa cabo da transcrición das miñas notas de lectura. En palabras de MSF: “el inaceptable resultado fue el altísimo número de contagios y fallecimientos en circunstancias indignas” (páxina 52), por caso sen acceso a coidados paliativos (páxina 60).

Fago miñas as numerosas propostas (p. 74-83) sanitarias e de saúde pública que fan os autores do informe, mesmo sen chegar a cuestionarse o modelo actual. Pero pola miña conta e risco, á vista da súa análise aquí resumida, conclúo considerando que diante dos milleiros de mortes indignas (a causa dunha xestión imprudente en numerosas residencias en combinación coa omisión do deber de socorro) debera procederse á nacionalización desas residencias por parte do Goberno Central.

Pois só el ten atribucións para poder facelo segundo a Constitución. Xa que o seu artigo 128.2 di que se poderán intervir empresas cando así o requira o interese xeral, e no 149. 18ª dise que a expropiación forzosa é unha competencia exclusiva do Estado. Para así embridar as moitas imprudencias de saúde pública derivadas do temerario ánimo de lucro dun desequilibrado modelo actual de residencias de maiores en España. Imprudencias e fallas de precaución moi ben diagnosticadas por MSF.


Albino Prada é membro do Consello Científico de Attac España