por Albino Prada
Como continuación do informe presentado en Tempos Dixital recentemente sobre a situación da protección social en Galicia no contexto de España no ano 2020, traio hoxe aquí a actualización para o ano 2021 segundo a mesma fonte. Como o lector pode achegarse aos informes completos neste enlace, abonda con que recollamos un par de titulares máis que preocupantes.
1º: GALICIA TEN UN SUSPENSO ABSOLUTO EN PROTECCIÓN SOCIAL: No conxunto de 15 indicadores relativos a distintos aspectos da protección social, Galicia acada un 4,4 sobre 10, mentres o conxunto de España acada un aprobado xusto (5,1) e Castela-León un notable (8,4).

2º: GALICIA ENTRE 2008-2021 NON FIXO MAIS QUE EMPEORAR A SÚA CUALIFICACIÓN: entre o ano 2020 e o 2021 Galicia foi a Comunidade Autónoma que máis empeorou en España a súa protección social. Pois mentres o conxunto de España mellora un 10%, Galicia empeorou un 36%.

Sobran os comentarios sobre a colleita que deixa o presidente Alberto Núñez Feijoo en Galicia no que atinxe á protección social.
P.D. Convén deixar aquí constancia da listaxe completa de indicadores manexados para esta cualificación:
- Persoas beneficiarias con prestación efectiva menos persoas con resolución de PIA aínda sen recibir prestación sobre o total da poboación potencialmente dependente.
- Solicitudes sobre o total da poboación potencialmente dependente.
- Porcentaxe de persoas que non obteñen grao sobre o total de dictaminadas.
- Persoas con dereito recoñecido pendentes de atención (LIMBO).
- Equilibrio servizos/prestacións económicas.
- Integración efectiva na rede de servizos sociais básicos.
- Taxa de variación interanual de persoas atendidas sobre as persoas beneficiarias con prestación efectiva.
- Gasto público en dependencia por poboación potencialmente dependente.
- Taxa de variación interanual (incremento ou pérdida) de expedientes Grao III nos últimos 12 meses.
- Porcentaxe de persoxas solicitantes pendentes de resolución de grao máis solicitudes non gravadas sobre o total de solicitudes.
- Sistemas de información en tempo real e modelo de seguimento sistematizado.
- Emprego xerado polo Sistema de Dependencia nas CC.AA.
- Ratio de prestacións por persoa beneficiaria nas CC.AA.
- Ratio de servicios proximidade/prestacións económicas. Servizos proximidade: axuda a domicilio, centro de día, teleasistencia e asistencia persoal.
- Tempo medio de PIA.
Para saber máis sobre “A maleta de Feijoo”:
· A GALICIA TRIUNFAL DE FEIJÓO – Tempos Dixital
· https://temposdixital.gal/economia/galicia-2000-2019-xeracion-social-e-ambiental-perdida/
· [RADIOGRAFÍA ECONÓMICA] GALICIA, PEOR QUE HAI DEZ ANOS – Tempos Dixital