O número de outubro de 2023 leva a portada o hidróxeno verde, chamado a ser o grande protagonista da transición enerxética. Galicia tamén se mira nese proceso de transición enerxética, co hidróxeno verde no horizonte de produción e negocio.
O número de outubro de 2023 leva a portada o hidróxeno verde, chamado a ser o grande protagonista da transición enerxética. Galicia tamén se mira nese proceso de transición enerxética, co hidróxeno verde no horizonte de produción e negocio.
O número de setembro de TEMPOS NOVOS lembra como os tanques de Pinochet inauguraron aquel 11 de setembro de 1973 un itinerario de secuestros, torturas e asasinatos. Salvador Allende foi a primeira vítima. Aos ollos do mundo, Chile acabou convertido nun inmenso crematorio. 50 anos despois, o goberno progresista de Gabriel Boric tenta reactivar, en medio dunha acusada crise política, o legado libertario das grandes alamedas.
Representantes da Xunta Directiva do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia entregáronlle ao Presidente da Real Academia Galega un amplo expediente, mediante o que se lle solicita a dedicación do Día das Letras Galegas do ano 2024 ao escritor limiao, Antón Tovar Bobillo, coincidindo co 20º aniversario do seu pasamento.
O ataque ao Capitolio de Washington e o asalto aos Tres Poderes de Brasília inscríbense neste clima de época marcado tamén pola polarización extrema, a intolerancia social, os discursos de odio, as obsesións complotistas e a violencia discursiva. [Un artigo de Ignacio Ramonet]
Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras, que vén de facer o seu 40 aniversario repasa a situación da edición en Galicia facendo fincapé nos retos que ten por diante. Por unha banda, a internacionalización do libro galego; pola outra animar ás galegas e aos galegos a optar polo libro no noso idioma. [Unha entrevista de Francisco Cortez-Lobão]
Unha técnica narrativa que poderíamos definir como alternativa á tradicional, xunto coa aparición aparición dalgún personaxe que non ten fácil encaixe no tempo e no espazo, ata o punto de nos formular dúbidas sobre a súa identidade, fan de A vida sen ti un filme de moi difícil interpretación, comprensión e entendemento. [Un artigo de Xan Daniel García]
Babylon é unha película cuxa materia encaixa no xénero “cine sobre cine”; máis en concreto, este filme versa verbo da historia do cinema “made in California” e, específicamente, sobre os momentos de transo e tránsito entre o cinema mudo e o cinema sonoro (un intre que mudou esencialmente a realidade da Séptimo Arte). [Un artigo de Xan Daniel García Rodríguez].
Transilvania é un enigma, alomenos en certos aspectos e en certas manifestacións; tamén resulta enigmático este filme, encomenzando polo seu propio título (“R.M.N.”), certamente moi escuro. Transilvania non só suscita misterio, senón que ten unha natureza e unha estructura construidas en base a múltiples polos opostos. [Un artigo de Xan Daniel García Rodríguez]
Hai evidencias suficientes para poder afirmar con fundamento que graves sucesos ocorridos nos derradeiros anos como, por caso o asalto ao Capitolio en Washington (xaneiro 2021), a invasión rusa de Ucraína (febreiro 2022) e o asalto aos tres poderes en Brasilia (xaneiro 2023) responden a unha mesma estratexia internacional? Non teñen, por caso, relevantes puntos de coincidencia? Non supoñen no fondo, unha manifestación clara do auxe dos totalitarismos no mundo? Preguntas ás que responde este artigo de Manoel Barbeitos.
Daniel Amarelo, o coordinador, destaca no prólogo deste libro a importancia de que a editora de referencia no ámbito do reintegracionismo nos agasalle esta conversa queer para tecer unha casa común. Un lugar de encontro polifónico e plural que convida a sumarnos ao compromiso cos dereitos lingüísticos e ecolóxicos desde a diversidade sexo-xénero. O texto componse de seis apartados nos que se incorporan vinte colaboracións, todas elas relevantes para comprender, como sinala o propio título, as representacións, os desexos e as historias LGBTIQ na Galiza.