[ESPECIAL] A deterioración crecente da sanidade pública e da saúde xeral  

| Especial saúde

A OMS (Organización Mundial da Saúde) vén avisando, dende hai máis dun ano, dun crecente deterioro da sanidade pública en Europa tal que pode incluso chegar a provocar o seu colapso (segundo Hans Kluge, director xeral da OMS para Europa).

Unha situación á que se está chegando por mor de varias razóns, entre as que destacan as carencias dos sistemas públicos de saúde provocadas polas políticas de austeridade fiscal e rebaixa salarial. Políticas que levan a “un envellecemento do persoal sanitario (nun terzo dos países europeos menos do 40% dos médicos teñen menos de 55 anos), á falta de persoal que crea desertos médicos, os baixos salarios e as longas xornadas de traballo, os recortes e a falta de investimentos … carencias que a COVID-19 non fixo mais que agravar” (H.K.).

Unhas carencias que afectan practicamente á maioría dos sistemas de saúde europeos (Gran Bretaña, Francia, Alemaña, Portugal, Italia, Bélxica, España…) e coa que se relaciona o deterioro persistente que se está comprobando na saúde xeral do conxunto das poboacións europeas. A maioría dos plans nacionais de saúde non cumpren co principio de “non deixar a ninguén atrás” (MSF) xa que “están deixando atrás as mesmas persoas que xa estaban mais excluídas” (MSF). 

Co obxecto de desmentir ou confirmar esta situación contamos con expertos que aportan a súa visión:

· Entrevista: Marciano Sánchez Bayle, presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública.
· O sistema sanitario público está orientado á enfermidade, por Manuel Martín, portavoz en Galicia da Plataforma SOS Sanidade Pública.