Especial saúde

Marciano Sánchez Bayle, portavoz da FADSP

Marciano Sánchez Bayle, portavoz da FADSP

Hai só uns meses entrevistabamos a Marciano Sánchez Bayle. Conversabamos con el, na súa calidade de presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, sobre o desenvolvemento do sistema sanitario en España e tamén da súa degradación. Hoxe soubemos do seu falecemento. Lembrámolo a modo de homenaxe recuperando aquela entrevista.

[ESPECIAL] A deterioración crecente da sanidade pública e da saúde xeral  

A OMS (Organización Mundial da Saúde) vén avisando, dende hai máis dun ano, dun crecente deterioro da sanidade pública en Europa tal que pode incluso chegar a provocar o seu colapso (segundo Hans Kluge, director xeral da OMS para Europa). 

Co obxecto de confirmar, ou desmentir, esta situación requirimos a opinión de voces moi autorizadas como é o caso de Marciano Sánchez Bayle, presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, e de Manuel Martín, portavoz en Galicia da Plataforma SOS Sanidade Pública.