Quen somos

Quen Somos?

ATLÁNTICA DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN DE GALICIA, S.A.

Nun acto celebrado no Instituto Galego da Información o 11 de xaneiro de 1997, cento cincuenta persoas converxeron na creación dunha sociedade coa pretensión declarada de crearen medios de comunicación que deran pé a un xornalismo de calidade. Unha iniciativa liderada por un colectivo de cidadáns que é representativo da diversidade de tendencias e sensibilidades que lle veñen poñendo rostro á Galicia máis comprometida. Por que nese momento? En primeiro lugar, por razóns que nos collen ao paso e que non podemos desaproveitar. Fronte á mundialización que se impón pola vía tecnolóxica, rexorde en todas partes un movemento orixinal de desafío, ou de subversión, que os expertos deron en definir como a revancha das culturas. En segundo lugar, por razóns internas: imos como cidadáns galegos a contratempo de case todo, e nunca foi tan necesario abrir tódalas cancelas para reforzar, sen exclusións, a nosa identidade colectiva, entendida non como algo definido, senón como algo que se vai definindo na historia. TEMPOS NOVOS, revista mensual de información e opinión para o debate, marcou o punto de saída.

Consello de administración

Presidenta: Ana Fernández Puentes Conselleiro delegado: Luis Álvarez Pousa Secretario: Fernando de Paz Villasenín Vocais: Xavier Vence Deza, Xulio Ríos Paredes, Eduardo Alonso Rodríguez Xerente: Fernando de Paz Villasenín