Política

Para onde foron as esquerdas?

Para onde foron as esquerdas?

As esquerdas occidentais nin sequera son quen de opoñerse ao comercio de armas a un país que as está utilizando para masacrar o pobo palestino. Comercio que está suficientemente contrastado a pesar do silencio dos gobernos responsables. Israel é un dos Estados máis militarizados.

Máis aló de Trump: todos somos responsables

logo-tempos-exclusivo Máis aló de Trump: todos somos responsables

O ascenso político de Trump coincide cun declive social en EEUU, unha erosión das normas de cortesía, de respecto e de convivencia. Trump non é a causa, senón un síntoma. A súa omnipresencia mediática durante unhas cinco décadas coincidiu cunha erosión política en Estados Unidos, liderado por cada presidente desde Reagan ata Trump, e frecuentemente coa participación do partido opositor.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Quen xulga os xuíces?

Quen xulga os xuíces?

Chama poderosamente a atención e rapidez con que algúns maxistrados, con presenza en altas instancias xudiciais, e que son case sempre os mesmos, aceptan denuncias contra cidadáns ou organización das esquerdas.

Acabar co pobo palestino

Acabar co pobo palestino

O xenocidio do pobo palestino e a destrución das infraestruturas en Gaza, as accións violentas e colonialistas dos ortodoxos xudeus en Cisxordania, o enfrontamento entre o exercito israelí e a milicia de Hezbola e as ameazas mutuas entre Israel e Irán debuxan nesa rexión unha senda ao precipicio. Pero o pobo palestino seguirá existindo aínda que o expulsen de Gaza e Cisxordania e teña que volver vagar polo mundo sen un lugar fixo e seguro para vivir.

Algunhas claves que poden explicar a vitoria de Donald Trump

Algunhas claves que poden explicar a vitoria de Donald Trump

Segundo as informacións que nos chegan dos Estados Unidos a folgada vitoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais non foi unha grande sorpresa. Non hai que buscar unha única razón, senón que seguramente sexan unha combinación de varias que conflúen nunha evidencia: Estados Unidos non é alleo aos ventos totalitarios que atravesan occidente e que están transportando para as alturas do poder ás forzas de extrema dereita.

O caso Errejón e a ética xornalística

O caso Errejón e a ética xornalística

Como cualificar este tipo de xornalismo profesional? Onde queda a ética e o respecto aos dereitos dos cidadáns? Para estes medios, todo vale? Preguntas que se un ten a paciencia de segui-la traxectoria da maioría das televisións e radios privadas, revistas chamadas do corazón, e medios de información tamén privados pero subvencionados, atopan cumprida resposta. Dende hai xa algunhas décadas estes medios veñen especializándose nas liortas entre pais/nais e fillos/fillas máis ou menos famosos/as. Liortas que en non poucos casos son promovidas, financiadas e ampliadas por estes medios que as intentan converter en seriais de longa duración e con cada vez máis protagonistas (familiares, amigos/as, veciños/as…). Para maior impacto, estes medios procuran que non falten nin os insultos nin a agresividade entre os/as protagonistas.