Política

E agora, que? Quen repara o dano causado?

E agora, que? Quen repara o dano causado?

Que en España hai unhas dereitas políticas, xudiciais e mediáticas que conspiran contra a democracia está fora de toda dúbida, e abonda con analiza-las súas actuacións para ver con claridade que esta ofensiva totalitaria existe. Nestes días tivemos unha nova evidencia cando o maxistrado Juan Jose Escalonilla, logo de tres anos de infrutuosas  investigacións contra Podemos e as súas finanzas, ten que arquiva-lo caso coñecido co nome de Neurona por falta de probas. Pola súa parte a Audiencia Provincial de Madrid rexeita o último recurso co que Vox combatía as decisións do citado maxistrado.

A inmigración como chibo expiatorio

A inmigración como chibo expiatorio

O ascenso das extremas dereitas en practicamente todo Occidente está provocando, entre outros asuntos, que a inmigración se sitúe no foco do debate político pero, no maioría dos casos, cun enfoque tal que sinala a inmigración como un chibo expiatorio dos males occidentais. Así os inmigrantes pasan por seren os grandes responsables do desemprego, a precariedade laboral e os baixos salarios, o empobrecemento dos estados de benestar, a inseguridade cidadá… Andrómenas que levantadas polas extremas dereitas acaban sendo asumidas por practicamente tódolos partidos políticos tanto de dereitas como de esquerdas, aínda que ningunha teña unha base obxectiva.

A tarifa eléctrica da empresa privado-pública “Recursos de Galicia”

A tarifa eléctrica da empresa privado-pública “Recursos de Galicia”

Como foguete retórico-propagandístico para despistados pode funcionar. Pois ben sabe esta tropa e os seus asesores que dende a oposición se vén reclamando unha “tarifa eléctrica galega” (claro está que co respaldo dunha empresa eléctrica cento por cento pública). E pode que tamén de todo o que por caso o que subscribe ten reclamado no seu día ao fío da tramitación do “Anteproxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia” (Xunta de Galicia, 2023) que foi unha recente, e patética ocasión, para avaliar en detalle como os publicistas desta “tarifa galega” procuran, ou non, optimizar o benestar social e a conservación dos recursos do país. O que sí está claro que procuran é enredar.

Patriotismo de partido fronte a Cataluña

logo-tempos-exclusivo Patriotismo de partido fronte a Cataluña

Setembro é sempre tempo de arrefecer. Mentres o verán agoniza e os días mirran, tamén a temperatura devala. É sempre época de melancolía á que nos empurra o retorno da cotiandade. Ese frío húmido pode impregnalo todo, mesmo as relacións humanas. O encontro entre Pedro Sánchez e Alfonso Rueda celebrouse sen alegrías alén deses sorrisos miméticos e impersoais que sempre ornan os rostros dos políticos na foto oficial. Cortesía profesional obriga a ese sorriso, pero o guión partidario logo promove ollares desconfiados e sentenzas desabridas.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Cara a onde imos, cara a onde nos queren levar?

Cara a onde imos, cara a onde nos queren levar?

Neste escenario internacional, se o presente aparece inseguro e incerto, o futuro non se albisca con claridade, xa que a orde nacida logo da II Guerra Mundial aparece sentenciada, non digamos o dereito internacional. As ameazas á paz e á convivencia pacífica increméntanse ao tempo que as dubidas sobre o futuro de Occidente, que é o mesmo que dicir do mundo.

Antoni Castells, exconseller de Economía: “Precisamos un novo pacto de autogoberno co apoio da sociedade catalá.”

logo-tempos-exclusivo Antoni Castells, exconseller de Economía: “Precisamos un novo pacto de autogoberno co apoio da sociedade catalá.”

Co arranque dun curso político marcado polo primeiro presidente non independentista na Generalitat en década e media, e pola polémica reforma do financiamento de Cataluña, conversamos con Antoni Castells, Conseller de Economía da Generalitat con Pasqual Maragall e José Montilla para botar sobre a situación catalá unha mirada de amplo enfoque.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
E dous ovos duros

logo-tempos-exclusivo E dous ovos duros

“E dous ovos duros”. A escena de Unha noite na ópera (1935), na que o personaxe interpretado por Groucho Marx negocia un contrato e as súas demandas vense impulsadas ata o absurdo polas que fan Chico e Harpo, é unha boa metáfora do modelo de polarización ideolóxica que rexe hoxe en España.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Europa e o xenocidio do pobo palestino

Europa e o xenocidio do pobo palestino

A estas alturas xa deberan quedar poucas dúbidas sobre os reais obxectivos do goberno israelí de quenda coa súa ofensiva, en Gaza e Cisxordania antes e, agora, no Líbano. Non deberan quedar dúbidas porque estamos diante de guerras de exterminio, de auténticos xenocidios. O goberno israelí cos seus actos de barbarie desminte calquera xustificación de que actúa en defensa propia e aí están, por se non foran suficientes as imaxes de destrución que nos chegan, as terribles cifras de mortalidade infantil: segundo un organismo tan pouco sospeitoso de extremismo como Unicef, Gaza estase convertendo nun cemiterio de nenos, cuxo asasinato se contabiliza por decenas de miles. Unhas matanzas que se continuaron en Cisxordania e que agora se ampliaron ao Líbano.

“Te-la chave dos cartos”

“Te-la chave dos cartos”

A política fiscal do principal partido de oposición en Galicia (BNG) apoiase no criterio de “te-la chave dos cartos”. Un concepto bastante desafortunado que cremos se resume no control e xestión dos fondos públicos (ingresos e gastos) orixinados e empregados en Galicia. Ingresos públicos entre cuxos capítulos básicos están os tributarios, as cotizacións e os ingresos por débeda: hai mais pero recollemos os mais relevantes. Gastos públicos que inclúen as funcións de benestar, os investimentos e o pagamento da débeda entre outros. Neste marco, a primeira pregunta que cabe facerse é se, na actualidade, a Xunta de Galicia está capacitada para “te-la chave dos cartos” anteriormente citados. A resposta non pode ser outra: NON.

Unha Europa que mira cada vez máis á extrema dereita

Unha Europa que mira cada vez máis á extrema dereita

A nivel práctico, estes resultados electorais, que se producen no contexto dunhas participacións cada vez mais baixas, veñen confirmar que a Unión Europea mira á dereita e incluso a unha extrema dereita en ascenso (goberna en cinco países da Unión: Italia, Hungría, Polonia, República Checa e Finlandia, e en dous máis apoia ao goberno de quenda: Suecia e Países Baixos). Un ascenso que reforza aínda mais o relato político e económico que viñan marcando as autoridades comunitarias e que foi imposto polos gobernos dos países que dominan a Unión Europea e pola grande banca, os fondos de investimento e as grandes empresas.