[Escáner] Francia: e agora que?

O sorprendente resultado deste domingo pasado comezou a fraguarse o martes anterior, cando se fixo oficial a masiva retirada de candidatos por parte das forzas que forman a chamada Fronte Republicana. Pouco despois de coñecerse a avultada vitoria de Rassemblement National (RN) na primeira rolda dos comicios, tanto os líderes frontistas, personificados en Jean-Luc Mélenchon, como os do bloque presidencial confirmaban a necesidade de unirse para parar á extrema dereita. Deste chamamento saíron máis de 210 retiradas de candidatos, destas 130 foron da esquerda, 82 do macronismo e 2 da dereita conservadora. Grazas a elas, nesta segunda rolda, as circunscricións onde se mediron a extrema dereita e dous (ou tres) partidos da Fronte Republicana foron 109. Sen esas retiradas, ese número aumentaría ata as 311.

Porén, hai unha ilusión óptica no voto dique: a fronte republicana que pasado día 7 gañou as eleccións en Francia é en realidade unha coalición electoral que só foi posible grazas ao xogo das retiradas. Coa esquerda á cabeza, a cuestión aberta hoxe é como traducir isto nunha coalición política que sexa quen de constituirse como tal na Asemblea. Despexar esa incógnita é crucial para sabermos as alternativas de goberno ás que terá que enfrontarse o presidente Macron cando decida o nome do novo primeiro ministro.

TEMPOS DIXITAL seleccionou puntos de vista sobre o que está sucedendo en Francia a partir do que deron de si as eleccións lexislativas últimas. Reprodúcense para os subscritores na Área Privada.

Subscribirse para seguir lendo