Cando Núñez Feijóo pisa a alfombra vermella en Génova 13, faino acompañado por Mar Sánchez Sierra. Vicepresidenta na sombra, como a cualificou Anxo Lugilde. Secretaria Xeral de Medios da Xunta. Sempre ao ronsel do exitoso cursus honorum de Feijóo. A máis lonxeva, eficaz e intelixente das persoas de confianza do presidente. Encargada do coidado do seu relato e imaxe, ocúpase de amortecer ou silenciar nos medios calquera crítica ao seu xefe. Todopoderosa e implacable na xestión de mercedes, convenios e castigos. Mar Sánchez sabe ben que o poder de Feijóo non é eterno, pero ela está onde está para facelo duradeiro. Véñenlle enriba xornadas esixentes e laboriosas para salientar os atributos presidenciais de Feijóo.
O 23-F de Génova 13
Feijóo apura o paso. É 23-F, pero non hai dúbida ningunha de que el é o elefante branco. Ayuso é tan só a axente provocadora, non dirixe a operación de remuda de Casado. Feijóo tamén é o merlo branco —catro maiorías absolutas— e a esperanza branca a quen confiar a reconstrución do PP. Non ten apuro, precisa tempo para ordenar as súas ambicións e estimar apoios. Non desexa un liderado concedido como un simple acto administrativo. Quere un plebiscito unánime. Aspira a institucionalizar no PP o presidencialismo absolutista que tanto lle prestou no PPdeG.
Os dossieres de prensa da segunda semana de marzo son menos gratos. O xúbilo co que foi recibida a remuda de liderado no PP, mesmo nas cabeceiras máis progresistas, comeza a remitir. Fóra do balneario mediático galego, a veneración é menos servil e as devocións máis cautas. As cabeceiras do Réxime do 78 con selo progresista modulan eloxios á baixa e aventan as primeiras (e decepcionadas) críticas.
Feijóo remata un día de gloria sen excesos triunfalistas. Casado conserva unha presidencia fanada, renuncia por escrito a postularse no vindeiro congreso e convoca a Junta Directiva Nacional para abrir o proceso congresual. Feijóo quere a aparencia dunha transición, non dunha ruptura. Cando sae de Génova 13, pontifica sobriamente: «O partido está normalizado». Primeira gran ficción do presidente in péctore.
Autorizacións e beizóns
Marzo abonda en efemérides e xornadas gloriosas. 1-M: Celebra o aniversario da súa primeira maioría absoluta en 2009. 2-M: Autorización e beizón da transposición do seu liderado de Galicia ao Partido Popular; na mañá, posa na sede da todopoderosa Corporación Voz co editor Rey Fernández-Latorre e con seu primeiro valedor, Romay Beccaría, para comunicar o que xa é sabido; na tarde, nun acto de partido, emitido en directo pola TVG como información de servizo, o PPdeG asente e aplaude o seu enxalzamento como líder nacional providencial. 3-M: Na Junta Directiva Nacional do PP escenifícase a súa devota adhesión a Feijóo. Trázase a folla de ruta das manifestacións de unanimidades que o acompañarán até o Congreso do 1 e o 2 de abril en Sevilla.
Sumará 55 mil avais (Rajoy foi candidato con 2.259 no XVII Congreso, Casado con pouco máis de 5.000). Non terá competidor. Organizáselle un tour electoral como presentación en sociedade. Para darse a coñecer, para saber quen é quen no partido. Feijóo é un barón dun «córner de España», con boa imaxe e mellores resultados electorais, pero non ten amarres firmes en Génova 13 nin nos aparatos territoriais. Necesita con urxencia explorar a cartografía de poder do partido que vai presidir. A estas alturas, máis que un presidente é un barón rampante que non fai pé na organización.
Moderación consensual e rupturismo
Os dossieres de prensa da segunda semana de marzo son menos gratos. O xúbilo co que foi recibida a remuda de liderado no PP, mesmo nas cabeceiras máis progresistas, comeza a remitir. Fóra do balneario mediático galego, a veneración é menos servil e as devocións máis cautas. As cabeceiras do Réxime do 78 con selo progresista modulan eloxios á baixa e aventan as primeiras (e decepcionadas) críticas. Agárdase de Feijóo que sente o PP na mesa de negociación para pechar novos consensos (CGPJ, aliñamento co PSOE na axenda bélica e armamentística, pacificación da xestión dos fondos de Next Generation, novas receitas de austeridade…). De inicio, pouca ou nula disposición.
O sempre aplaudido pragmatismo de Feijóo concretouse nunha claudicación diante da ultradereita. A santificación de Vox como colaborador necesario ou socio natural do PP máis que unha mancha é un roto na súa folla de servizo. Coma se nada ocorrese, tras o pacto do bipartito PP-Vox, sentenciou: «Ás veces é mellor perder o goberno que gañalo desde o populismo».
Cómpre avanzar na normalización do R78 para pechar o ciclo que iniciou o 15-M e a desestabilización que, primeiro, a crise da pandemia e, agora, a situación bélica en Europa avivecen. O consenso é a materia prima da fantasía do bipartidismo como o réxime de gobernabilidade máis estable. Para acrecentar o seu crédito entre os poderes reais, Feijóo debe estampar a súa sinatura ao pé dos novos pactos de Estado que se lle esixen para encarar os actuais tempos de incerteza e fraxilidade institucional.
Esa esixencia consensual compadécese mal coa estratexia deslexitimadora e destituínte que enarbora Ayuso fronte ao goberno de Sánchez e coa que coquetea Feijóo cando o caricaturiza como «un goberno socialista, comunista e independentista» ou como «o peor goberno da historia de España». O tránsito desde a oposición insurxente á leal oposición non é doado. Cédelle a narrativa combativa e desafiante a Vox e obrígalle a silenciar á dereita trumpista do partido.
Ademais, demasiada condescendencia consensual será interpretada como debilidade polo aguerrido lobby mediático ultra e conservador que sostivo a operación de acoso e derribo de Casado e prestou cobertura de impunidade a Ayuso para protexela dos seus negocios de familia. Feijóo estreouse con pouco convincentes equilibrios entre a narrativa da dereita rupturista e a formulación moderada do Goberno de España que, teoricamente, el presidiría. O verniz moderado eslúese rapidamente.
A marca e o spin-off
O PP deixou de ser a «casa común» do centro-dereita, a dereita e a dereita ultra e é pouco probable que o volva ser nunca. A exitosa unificación do voto do centro-dereita e todas as dereitas que Feijóo logrou en Galicia é arestora impracticable. O spin-off cómelle terreo electoral á marca matriz da dereita española. O acordo de goberno de Fernández Mañueco e García-Gallardo sinala un cambio de cualidade: Vox xa é partido de goberno, mais sen deixar de ser un partido de oposición desafiante, e non só condiciona a gobernabilidade do PP (como até arestora), xa cogoberna con PP.
A táctica evasiva de Feijóo, que graciosa e reiteradamente lle loan a maioría de medios galegos, non rendeu resultados satisfactorios. Nin o oportunista reclamo de «deixar gobernar ao partido máis votado» nin a derivación de culpas cara a outros lograron enfuscar a súa responsabilidade. Feijóo queda sinalado: non só non lle pechou o paso ao partido ultra, senón que lle abriu a porta do executivo de Castela e León.
Nos seus primeiros pasos como líder nacional do PP, Feijóo recuncou na narrativa do ayusismo: actitude deslexitimadora do goberno do Estado, caracterizacións ideolóxicas de trazo groso, exabruptos de ortodoxia ultraliberal, ataque frontal ás políticas de xénero e, mesmo, exaltación de Madrid como santuario da liberdade.
O sempre aplaudido pragmatismo de Feijóo concretouse nunha claudicación diante da ultradereita. A santificación de Vox como colaborador necesario ou socio natural do PP máis que unha mancha é un roto na súa folla de servizo. Coma se nada ocorrese, tras o pacto do bipartito PP-Vox, sentenciou: «Ás veces é mellor perder o goberno que gañalo desde o populismo». A combinación de cinismo e desmemoria é un recurso clásico do «método Feijóo». Hai poucos casos nos que non diga unha cousa e a súa contraria para acabar facendo o que máis lle rende en termos de acumulación ou conservación de poder. Con todo, Vaino ter moi difícil para ampliar o campo electoral do PP e diferenciarse do seu spin-off.
Paz armada
Os comentaristas e editorialistas que agardaban de Feijóo unha reformulación estratéxica centrista e centrada apañan os primeiros desencantos. Feijóo é un devoto das estratexias zigzag que preconizan que non sempre o camiño máis curto entre dous puntos é a recta. Que ninguén agarde del rectitude estratéxica, seu é o reino das antinomías, as ambigüidades e as tácticas serpeantes para maximizar as súas posicións de poder.
O historial de Feijóo evidencia que non é un líder de transacción e diálogo, réinalle o ordeno e mando, non coñece outro modelo de dirección política que non sexa o presidencialismo absolutista. Así, Ayuso avala a Feijóo para «poñer paz no partido» (léase paz por territorios). É un apoio condicionado. A presidenta madrileña trazou a primeira liña vermella: «Somos un equipo que ten pouca paciencia para as parvadas, pouco aguante para as imposicións». Para Ayuso, Feijóo é tan só un primus inter pares, máis nada. Hai paz no PP, pero é unha paz armada.
Nos seus primeiros pasos como líder nacional do PP, Feijóo recuncou na narrativa do ayusismo: actitude deslexitimadora do goberno do Estado, caracterizacións ideolóxicas de trazo groso, exabruptos de ortodoxia ultraliberal, ataque frontal ás políticas de xénero e, mesmo, exaltación de Madrid como santuario da liberdade. A mesma letra, a mesma melodía e acaso un ton menos exasperado que o de Ayuso. Feijóo sabe que vai ter que enfrontar a oposición e fiscalización da dereita trumpista e fai seu o credo da Alt-Right para non multiplicar desconfianzas e disparar alarmas ideolóxicas. Esquece que as primeiras actuacións son as que máis se lembran.
Un presidente sen goberno
A operación de exportación do liderado de Feijóo resulta incómoda. Debe facerse ademais prescindindo dun dos seus atributos máis loados. Será un presidente sen xestión, un presidente dun partido pero non dun goberno. A dobre presidencia de Feijóo, a da Xunta e a do PPdeG, ofreceulle sempre unha grande vantaxe competitiva fronte ao BNG e o PSdeG: só el posuía auténtico poder.
O seu caudillismo compensaba a ausencia dun proxecto para o autogoberno galego e encoraba as retesías e ambicións dos actores secundarios. Deixa unha Autonomía en vía morta cun executivo entregado ao inmobilismo e alleo aos grandes retos da sociedade galega. O dominio conservador vai resentirse. Feijóo marcha e na súa maleta de coiro leva máis pasado que futuro. Outro tanto deixa en Galicia.
O peso da autoridade de Feijóo descansou sempre en ser cabeza do executivo galego non na xefatura do partido conservador. Os recursos de poder son os da Xunta, os do partido son secundarios. A potencia de Feijóo procede do goberno, non do partido, e agora terá que acomodarse a unha presenza institucional marxinal, se cadra no Senado, e á sala de prensa de Génova 13. Actuará por persoa interposta no Congreso dos Deputados. Antagonismo en diferido. Non contará con convenios nin plans de medios propios cos que engraxar as boas relacións con xornais, radios e televisións. Condicións de competencia política ás que Feijóo non está nada acostumado.
Na primeira quincena de marzo, o intento de compaxinar a intensa axenda como líder nacional do PP coa de presidente de Galicia evidenciou máis abandono que capacidade. Feijóo dirixindo telematicamente o executivo galego é unha pésima caricatura do eficaz xestor que vende como atributo diferencial. A dirección da Xunta cun presidente deslocalizado compón unha grotesca despedida para quen, até o pasado 23-F, proclamaba: «É maior o meu compromiso con Galicia que co partido».
Epílogo e epígonos
Nun perfil haxiográfico en Vox populi, Alejo Vidal-Cuadras sinalou que Feijóo «pode ser definido como un Rajoy traballador» e que «é un xestor eficaz e laborioso sen a menor ambición de dar batalla cultural ningunha nin de articular unha alternativa desafiante e intelectualmente incisiva ao marco mental progresista (…). Un esforzo fatigoso e arriscado [que a Feijóo] lle parecería unha excentricidade inconveniente». Espellismos de xestión non poderá seguir ofrecendo, quédalle o traballo no que menos destaca: a política de ideas, proxectos, compromisos, valores e emocións.
Feijóo xibarizou todo outro liderado no PPdeG e na Xunta de Galicia. Ningún dos seus epígonos o iguala en capacidade e ningún será quen de ocupar, sen grandes tensións, o espazo de poder que el monopolizou no partido e no goberno. O seu caudillismo compensaba a ausencia dun proxecto para o autogoberno galego e encoraba as retesías e ambicións dos actores secundarios. Deixa unha Autonomía en vía morta cun executivo entregado ao inmobilismo e alleo aos grandes retos da sociedade galega. O dominio conservador vai resentirse.
Os epígonos de Feijóo lembran os mongois que Walter Benjamin atopou, en 1926, apegados ao muro de Kitai Gorod en Moscova. Arredados cinco pasos uns dos outros, todos vendían a mesma maleta de coiro. En San Caetano e no Hórreo, os máis destacaron en submisión, servilismo e falta de iniciativa. Cando Feijóo ceda o mando, a nomenclatura PPdeG enfrontarase a un gran baleiro que, a pouco que o fagan ben, pode ser ocupado polas forzas galegas que desexan o cambio político e social. Feijóo marcha e na súa maleta de coiro leva máis pasado que futuro. Outro tanto deixa en Galicia.