Mércores 30, Novembro 2022
HomeOutrosTEMPOS NOVOS, premio ao mellor deseño gráfico do ano

TEMPOS NOVOS, premio ao mellor deseño gráfico do ano

O novo deseño da revista TEMPOS NOVOS e o seu creador Daniel Pino, de Faca Lab, veñen de recibir o premio ao mellor deseño gráfico do ano 2022 no decurso dunha gala que se celebrou o venres pola noite en Ourense, á que acudiu numeroso público.

Os Premios Paraugas, que nesta ocasión chegaban á súa sétima edición, convócaos cada ano o Clúster da Comunicación de Galicia, e foron creados no seu día para distinguir o mellor talento galego en toda a cadea de valor da comunicación e do márketing de Galicia.  As categorías ás que poden concorrer os autores e autoras dese grande campo da creatividade son as referidas á Impresión e Edición, o Deseño, o Márketing Dixital, Comunicación e Eventos.

Tempos Novos e o autor do novo deseño co que a revista conmemora os seus primeiros 25 anos de vida, competía con outros dous finalistas: Identidade Visual Pepe Vieira, de Desoños e Marcos Dopico, por unha banda, e Identidade Corporativa do Concello de Pontevedra, de Cenlitrosmetrocadrado, pola outra.

O xurado que optou polo deseño de TN estivo formado por profesionais de prestixio no sector, tanto do ámbito público como do privado. O mesmo sucedeu con todas e cada unhas das categorías e modalidades do concurso. Aténdose, en todo caso, a catro grandes criterios: innovación, creatividade, funcionalidade e orixinalidade; resultados obtidos, dificultade e boas prácticas, así como comportamento ético e sostible no desenvolvemento das estratexias de márketing.


 

[td_block_7 f_header_font_transform="uppercase" ajax_pagination="next_prev" sort="" category_id="" custom_title="Novidades"]