Luns 2, Outubro 2023
HomeOutrosSUMARIO TEMPOS NOVOS Nº 280 · SETEMBRO 2020

SUMARIO TEMPOS NOVOS Nº 280 · SETEMBRO 2020

En destaque                                   

Co rei emérito á fuga

A MONARQUÍA, Á INTEMPERIE

Viñera do exilio de Estoril. E rematou índose ao desterro dos Emiratos Árabes Unidos, un país autoritario pero a salvo de extradicións. Entre un e outro tempo, o rei emérito Juan Carlos de Borbón xogou todas as bazas
do seu cargo institucional, con pasaxes en sombra que aínda están por desvelar, pero tamén se aproveitou del para facer méritos de recusado e de investigado. Por máis que a prensa de papel e os grandes poderes económicos cerren filas en defensa da monarquía, facéndose felipistas
como hai cuarenta anos se fixeran juancarlistas, de se demostraren nos tribunais de España e Suiza as acusacións que pesan sobre o fuxido, esa defensa numantina—na que están en xogo os intereses de todos eles— podería caer peza a peza. Do sucedido, e do seu significado político e institucional, escriben os analistas de TN neste dossier que os lectores e lectoras teñen nas súas mans. Coas colaboracións de Manuel M. Barreiro, Celia Pereira Porto, Antonio Campos Romay e Xuirxo Martínez González.

En foco                                                                

[POLÍTICA] UN VERÁN PARA ESQUECER

Demasiadas turbulencias xuntas nesta canícula bisesta que non dá tregua. Un virus que marchaba e entre todos traémolo de volta. Unha economía afundida con millóns de parados sen esperanza e outros tantos de precarios no aramio, milleiros de empresas pechadas se cadra para sempre e as contas públicas camiño dun pozo sen fondo. Un novo curso á intemperie que ameaza cun caos académico, sanitario e de conciliación familiar. Unha fractura en Cataluña sen saída á vista e co País Vasco á espera. Uns concellos sublevados porque non poden gastar o aforrado cando máis o necesitan. Uns partidos coa súas liortas de sempre. Un goberno sen maioría e collido con alfinetes. E para fin de festa, a gran batalla arredor dos méritos e deméritos dun emérito fugado e, por ende, a reactivación da disxuntiva monarquía/república. Alguén dá máis? Por Justo Beramendi.

[ECONOMÍA] PRECARIEDADE E ALTERNATIVAS NO SEO DA ECONOMÍA GIG

Hai xa un tempo que o termo gig economy está instalado entre nós. Unha definición do que é ofrécea o Dicionario Cambridge como “unha forma de traballo que está baseada en persoas que contan con empregos temporais ou realizan pezas separadas de traballo, remuneradas de xeito independente, no canto de traballar para un empregador”. O concepto gig pode ser traducido como “bolo” ou “concerto”, en referencia a unha única actuación concreta realizada por unha artista. É precisamente isto o que atopamos nesta economía: unha única tarefa que alguén realiza, sen ningún outro compromiso posterior. Dúas grandes cuestións estreitamente interralacionadas conforman as súas características máis destacadas, como son o precesamento masivo de datos e as súas relacións laborais. Por Xabier Villares.

[ENTREVISTA] UXÍA BOLAÑO E ANA PARADA, pedagogas e directoras da Revista Galega de Educación

O “aunque quisiéramos” da conselleira de educación, Carmen Pomar, como resposta á pregunta xornalística sobre a necesidade de reducir para o vindeiro curso o número de 25 alumnos por aula, saltou con chanzas polas redes, despois de negar en redondo tal posibilidade en Galicia. Alegou que o impide a inexistencia de espazos para poder rebaixar esa ratio, tal e como recomendan as autoridades sanitarias. A comunidade educativa teno claro: o que ofrece o goberno de Núñez Feijóo como protocolo ligado á salvagarda de alumnos e profesores fronte ao perigo de contaxios da Covid19 ten que ir moito máis alá das simples medidas hixiénicas e o uso das máscaras. Queren, entre outras cousas, que os grupos non pasen de 15 ou como moito 20 alumnos, instrumentalizar novos espazos nos centros e multiplicar o número de profesores a contratar. Hai moita tensión. As palabras da conselleira desdicen por si mesmas o seu propio protocolo. Para calibrar argumentos e abrir o debate —a tan só escasos días do comezo do curso—, entrevistamos a Uxía Bolaño e Ana Parada, pedagogas e directoras da Revista Galega de Educación. Por Eva Garea e Miguel Vázquez Freire.

Crónica viaxeira                                                             

JEDDAH, O CORAL DO DESERTO. Por Moncho Iglesias Míguez

Argumenta [ciencia e tecnoloxía]                  

Entrevista. José Ángel Bergua, doutor en socioloxía. Por E.C. Pasín
A comunidade nunca morre. Por Ángel Enrique Carretero Pasín

Cultura                                                              

CANGAS E RIBADAVIA. FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E PANDEMIA. Por Alfonso Becerra de Becerreá

Protexta                                                            

Conversa con Vicente Araguas. Por Xavier Alcalá.
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                                      

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de setembro de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí